14. Actividades extraescolares e complementarias
Entendemos que as actividades complementarias e extraescolares deberán contribuír á difusión da educación e a cultura en xeneral e aos contidos da materia que imparte o departamento organizador en particular, así mesmo, deberán estar relacionadas co currículo do centro.
De maneira xeral definimos como actividades complementarias as organizadas durante o horario escolar polos centros, de acordo co seu proxecto curricular e que teñen un carácter diferenciado das propiamente lectivas, ben polo momento, o espazo ou recursos que se utilizan. Serán coordinadas pola Xefatura de Estudos ou por Vicedireción e realizadas polos equipos docentes e, se se desenvolven no centro, terán un caracter obrigatorio para o profesorado e o alumnado.
Pode haber actividades complementarias que se desenvolvan fóra do centro e, neste caso, serán voluntarias para o alumnado e requirirán autorización expresa dos pais, nais ou titores legais. A Dirección do centro arbitrará as medidas necesarias para a atención dos alumnos e alumnas que non participen nas mesmas.
Enténdense como actividades extraescolares as que se realizan co alumnado fóra do horario lectivo. A participación será voluntaria para o alumnado e para o profesorado e por iso, non poderán conter ensinos incluídos na programación docente dos niveis que cursa o alumnado participante.
O departamento, de xeito habitual, realiza una serie de actividades complementarias e extraescolares, adaptadas os intereses dos alumnos, como son:
- Visita a distintas centrais eléctricas, centros de enerxías alternativas e calquera tipo de instalacións onde se apliquen os últimos avances tecnolóxicos.
- Visita a distintas empresas da comunidade nas que observar os procedementos de fabricación e outros aspectos relacionados cos procesos tecnolóxicos e as aplicacións da informática.
- Conferencias, charlas, coloquios, etc. que complementen a experiencia docente diaria.
Ao comezo do presente curso, tendo en conta o Protocolo de adaptación á situación da COVID-19 non se valora a realización de ningunha actividade extraescolar.