Saltar la navegación

11. Medidas de atención á diversidade

Á hora de expor as medidas de atención á diversidade e inclusión temos que solicitar, en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos e alumnas; como mínimo debe coñecerse a relativa a:

  • O número de alumnos e alumnas.
  • O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).
  • As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de contidos curriculares.
  • As necesidades que se puideron identificar; convén pensar nesta fase en como se poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula, estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).
  • As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.
  • Os desenvolvementos competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta materia.
  • Os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar aos alumnos e ás alumnas para os traballos cooperativos.
  • Os tipos de recursos que se necesitan adaptar a nivel xeral para obter un logro óptimo do grupo.

NECESIDADES INDIVIDUAIS

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento sobre do grupo como conxunto, senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos individuais dos nosos estudantes; a partir dela poderemos:

  • Identificar ós alumnos ou ás alumnas que necesitan un maior seguimento ou personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta a aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar en risco, pola súa historia familiar, etc.).
  • Saber as medidas organizativas a adoptar. (Planificación de reforzos, localización de espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención individual).
  • Establecer conclusións sobre as medidas curriculares a adoptar, así como sobre os recursos que se van a empregar.
  • Analizar o modelo de seguimento que se vai a utilizar con cada un deles.
  • Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van a avaliar os progresos destes estudantes.
  • Fixar o modo en que se vai a compartir a información sobre cada alumno ou alumna co resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe; especialmente, co titor.