12. Concrección dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.
Cada tema transversal ocupa un lugar na educación e no desenrolo persoal dos alumnos e alumnas, de aí a importancia de telos presentes, polo seu carácter interdisciplinar e globalizador.
Na área de Tecnoloxía son varios os temas transversais que se tratan :
-
Educación ambiental
Análise do impacto da tecnoloxía no medio ambiente, con especial atención á elección de proxectos, materiais, etc. que equilibren beneficios e custes en termos de impacto ambiental.
-
Educación para a paz
Análise da influencia da tecnoloxía no mundo actual, na sociedade e na forma de vida dependendo da utilización que o ser humano faga dos produtos tecnolóxicos. Debates en determinados temas sobre fenómenos sociais como a carreira armamentística, a diferenza entre países desenvolvidos e non desenvolvidos ou a influencia da televisión ou os videoxogos nas conductas violentas.
-
Educación do consumidor e usuario
Análise sobre a necesidade dos produtos e servizos da tecnoloxía, diferenciando entre necesidades reais e necesidades creadas pola sociedade de consumo e equilibrando o progreso e a moderación no consumo.
-
Educación para a igualdade
Toma de conciencia dos alumnos e alumnas fronte o reparto desigual das tarefas segundo os sexos. Formación de grupos de traballo preferentemente mixtos nos que as alumnas se sintan integradas no ámbito da tecnoloxía, tanto na aula como na sociedade, e realicen as mesmas tarefas que os alumnos aínda que tradicionalmente se consideren traballos de rapaces.
-
Educación para a saúde
Toma de conciencia sobre a necesidade do seguimento de certas normas de seguridade e hixiene no taller e do coñecemento da forma de utilización das ferramentas como xeito de minimizar a posibilidade de accidentes de traballo. Análise da importancia da limpeza e orden no posto de traballo.
-
Educación moral e cívica
Ensinanza dunha serie de valores, actitudes e normas tales como o espírito de diálogo, a obxectividade, a curiosidade por saber, o respeto, a actitude de axuda os demais, o traballo en equipo, a defensa dos dereitos humanos, etc.
O conxunto dos anteriores elementos son comúns a todolos cursos da materia de Tecnoloxía Industrial e polo tanto traballaranse en todos estes cursos.