María Bravo - 1ESO Inglés 2020-2021
Section outline
-
-
Un hit da música disco funk americana dos 80.
-
Exercicios de repaso do PAST SIMPLE.
-
Outra canción para repasar o PRESENT SIMPLE (sobre todo a terceira persoa do singular!!!) e o PAST SIMPLE (verbos regulares e irregulares). Premendo no título PINK_MARTINI_LILLY accedes ao exercicio.
-
Solucións da ficha da canción Last night a Dj Saved My Life.
-
-
Para seguir aprendendo.
-
E mais material de consulta.
-
Exercicios de repaso do contido da unidade 6: Food. Expression of Quantity: SOME, ANY, A LOT OF, MUCH, MANY.
-
Práctica de comprensión lectora.
-
O pasado venres 14 de marzo repartin unha fotocopia con exercicios das unidades 1, 2 e 3 do libro. Podedes acceder ao documento neste enlace.
-
Respostas dos exercicios das fichas UNIT 6 Food e Culture para facer autocorrección.
-
-
Realización dun cartel de presentación do meu avatar.
Que preciso?
1.Consultar os carteis modelo:
-cartel coas instruccións
-cartel con exemplo (chevvy chewy)
2. Reutilizar o avatar que debuxei na libreta.
3. Repasar o vocabulario e a gramática que xa se viu na clase (units 3, 6 and 8):
-vocabulario: para describir (p.64 e p.133 do workbook)
-gramática: para falar da rutina e para falar do que nos gusta (p.100 e p.106 do workbook)
Que material utilizo?
A miña libreta, folios, o ordenador. Lapis, rotuladores, etc.
Como fago?
Consulto o debuxo que fixen na libreta e preparo un borrador coas tres partes do póster:
#1 Descripción e nome do avatar.
#2 O día a día do meu avatar.
#3 As cousas que lle gustan e as cousas que non lle gustan ao meu avatar.
Organizo o meu cartel combinando o debuxo do meu avatar co texto dividido en tres partes.
Utilizo papel, lápiz, rotuladores. Procuro escribir o texto con letra grande e clara.
Fago unha foto do cartel.
Como envío a foto á profesora?
1. A través da Aula Virtual. Antes tedes que automatricularvos.
2. Por correo electrónico ao enderezo maria-ingles@sanpaio.com.
No asunto do correo escribo o meu nome e primeiro apelido, o curso no que estou, o nome do meu avatar.
Instruccións e exemplo.


-
-
Geoff danos cinco consellos para sobrevivir nunha escola chea de zombis. STAY OUT OF TROUBLE!
-
Segunda ficha con actividades de repaso das unidades 1,2 e 3.
-
Práctica de comprensión lectora.
-
Lede o artigo e facede os exercicios. Está na páxina 41 do voso WorkBook. O exercicio 1 pódese ler sen listening.
-
Facede os exercicios da páxina 43 do WorkBook.
-
Listening dos exercicios 3 e 4 da páxina 43 do Workbook.
-
Solucións das fichas REVISION UNITS 1, 2, 3 e UNIT 5.
-
23rd APRIL BOOK DAY
No día do libro traballamos o inglés coa escritora americana de ascedencia mexicana Sandra Cisneros. O seu libro The House on Mango Street é lectura obrigatoria nas escolas de EEUU.


-
Neste relato curto a protagonista describe os diferentes tipos de cabelo (color, forma, olor, pentinado) dos membros da sua familia.
-
Le o relato en voz alta. Practica a lectura e a pronunciación.
-
Que teño que facer?
Escribir un relato curto describindo os pés dos membros da miña familia ao xeito de Hairs de Sandra Cisneros.
Que preciso?
Mirarlles ben os pés á tua familia. Tamén podes describir os teus.
Utilizar o vocabulario da unidade 8: WB p.133, 134.
Utilizar o present simple: WB p.100
Utilizar o comparativo: WB p.98 e superlativo: WB p.102.
Outro vocabulario que podes utilizar:
uñas: nails, callos: calluses, dedo gordo: big toe, dedo pequeno: little toe, dedo mediano: middle toe, xoanete: bunion, cicatriz: scar, talón: heel, nocello: ankle, lunares e verrugas: moles
Escribir un mínimo de oito liñas e un máximo de quince.
Como se fai?
Repasa os comparativos e superlativos.
Repasa o presente simple dos verbos e fíxate na persoa do suxeito e do verbo cando escribas.
Fai un borrador nunha folla da tua libreta.
Repasa o borrador para correxilo co libro aberto nas páxinas de gramática ao lado.
Escribe a versión definitiva. Pon nome, primeiro apelido, curso e o título FEET.
Como o envío?
_Preferiblemente a través da AulaVirtual. É imprescindible facer automatrícula antes.
_Ao correo maria-ingles@sanpaio.com
-
-
-
Neste vídeo repasamos o contido da unidade 6 do libro. Prestade atención o uso de SOME e ANY.
-
No Reino Unido quen te axuda a cruzar a estrada cando saes da escola? O Lollipop Man.
-
Video comprehension da unidade 5 do libro.
-
Mirade o vídeo Social Science: Schools in the Uk and the US e facede os exercicios da ficha.
-
Neste vídeo Zoe pídelle axuda a Gareth para estudar.
-
Mirade o vídeo ASKING FOR HELP e contestade as preguntas de comprensión.
-
Solucións da ficha do vídeo Social Science ...
-
Solucións da ficha coas preguntas de comprensión do vídeo ASKING FOR HELP.
-
-
Explicación gramatical da forma e uso do present continuous.
-
Moitas veces o present simple e o present continuous utilízanse combinados. Aquí tedes unha explicación sinxela de cando se usa un e cando se usa o outro.
Exemplo: I usually go to go to Portugal in the afternoon but now I am staying at home.
-
A profesora Ana fixo unha presentación moi completa do present continuous. Preme no símbolo de audio para acceder ás explicacións en español. Exercicios para descargar, solucións, vídeos e xogos. Empezaremos traballando os apartados 1 PRESENT TENSE e 2 LET'S PRACTICE.

-
Facede os exercicios 1,2, 3 e 4 da páxina 42 do Workbook.
-
Facede os exercicios 1 e 2 da páxina 44 do Workbook.
Cando rematedes, lede o documento PRESENT SIMPLE AND PRESENT CONTINUOUS que está na sección de RECURSOS e facede tamén os exercicios 3, 4 e 5.
-
Seguimos avanzando no uso e construcción do PRESENT CONTINUOUS. Aprendemos a facer preguntas e a combinalo co PRESENT SIMPLE. Todo está moi ben explicado nas seccións 3 e 4 da presentación genially. Anímovos a que participedes no QUIZ da BBC. Seguro que sodes moi bos concursantes!
-
Solucións dos exercicios da primeira ficha descargable da presentación genially do present continuous.
-
Solucións da seguinte ficha descargable da presentación.
-
Solucións dos exercicios da páxina 42 do Workbook.
-
Solucións dos exercicios 1,2,3,4 e 5 da páxina 44 do Workbook.
-
-
QUE TEÑO QUE FACER?
Grava un documento de audio describindo o que ves dende a fiestra do teu cuarto.
QUE PRECISO?
Unha gravadora de voz:
_no teu PC, sempre que teña micrófono,
_no teu móbil, baixa a aplicación,
_no Whatsapp, compartindo o teu documento de audio no teu Drive ou gmail.
COMO O FAGO?
1. Escoita o audio que fixo Michelle describindo o que ve dende a fiestra do seu cuarto.
Se premes no título desta tarefa, accedes ao texto.
2. Utiliza o PRESENT CONTINUOUS AFFIRMATIVE e/ou NEGATIVE.
3. Contesta as seguintes preguntas:
WHO? QUEN?
DOING WHAT? FACENDO O QUE?
WHERE? ONDE?

Así poderás estructurar a túa descripción.
4. Sitúa o que estás describindo, utiliza expresións como THERE IS, THERE ARE, ON THE LEFT, ON THE RIGHT, IN FRONT OF, etc.

5. Empeza o teu documento de audio dicindo o teu NOME, o teu APELIDO, o teu CURSO e a frase FROM MY WINDOW I CAN SEE.
6. Antes de gravar nada prepara ben o que vas dicir. Fai probas, ensaia.
7. Duración máxima un minuto.
COMO ENTREGO A TAREFA?
Ao correo maria-ingles@sanpaio.com
ATENCIÓN: Se non poideras facer o audio, podes enviar a descripción por escrito. Máximo 10 liñas.
-
-
Hoxe é o Día Inernacional dos Museos. Con esta curtametraxe do museo de arte contemporánea de Londres Tate Modern Museum basada no traballo do artista americano Alexander Calder imos practicar un pouco máis o PRESENT CONTINUOUS.


Alexander Calder é coñecido polos seu móbiles en cores primarias: amarelo, azul e vermello combinadas co negro. Seguro que xa tes visto nalgún libro algunha fotografia destes móbiles que se parecen moito aos que poñen enriba dos berces dos bebés para entretelos.
Agora preme no título TATE MODERN AND THE PRESENT CONTINUOUS para acceder ao exercicio.
-
Facede os exercicios 1,2 e 3 da páxina 46 do Workbook.
-
Rematamos a unidade 5 do Workbook con un repaso rápido ao vocabulario e a gramática. Son os exercicios 1,2,3,4,5 e 6 da páxina 47.
-
Practica a túa comprensión oral con este clip da película Moonrise Kingdom de Wes Anderson. Os escoltas do campamento teñen unha misión.
-
Solucións dos exercicios das páxinas 46 e 47 do Workbook.
-
-
Alfie fixo o examen de conducir por segunda vez. Aprobou? Mirade este vídeo no que se repasa o PAST SIMPLE dos VERBOS REGULARES.
-
Sophie acaba de chegar a súa casa despois de un viaxe de traballo aos Estados Unidos que se convertiu nun auténtico pesadelo. Fíxadevos ben nas formas especiais do PAST SIMPLE dos verbos irregulares.
-
Breve explicación gramatical do PAST SIMPLE AFFIRMATIVE, NEGATIVE, INTERROGATIVE.
-
Repaso do contido da unidade 7 do WorkbooK. Atentos ás formas especiais de PAST SIMPLE do verbo TO BE__ WAS/ WERE!!!
-
Ficha de repaso do contido da Unit 8 do Workbook. Fíxadevos ben na construcción das oracións negativas e interrogativas!!!
-
Solucións da ficha de exercicios da unidade 7.
-
Solucións da ficha de exercicios da unidade 8.
-
-
Consulta a segunda columna para ver o pasado dos verbos irregulares.
-
Visiona o video KUNG FU PANDA 2 SIMPLE PAST e fai os exercicios 1,2,3, 4 e 5 da ficha PO'S BACKSTORY. Preme no título para descargar o documento.
-
Solucións dos exercicios 1,2,3,4 e 5 da ficha PO's BACKSTORY.
-
-
Video con exercicios para practicar a forma de pasado dos verbos regulares e irregulares.
-
Exercicio de comprensión oral.
-
Premede no título KUNG_FU_PANDA_Backstories_1ESO e botade unha ollada ás historias d@s compañeir@s. Quedaron chulísimas!

-
Levamos xa un bo número de backstories publicadas. O nivel é o moi alto, hai moitísima imaxinación e creatividade.
Aínda estades a tempo de enviar as vosas. MEI, MEI, VIPER e MR PING lideran a lista de personaxes favoritas pero hai máis e moi variopintas.
Que dicir de BOSS WOLF? E logo MANTIS?
-


