Section outline

    • RECURSOS

      Unha BACKSTORY en linguaxe fílmica é unha historia detrás da historia. Preséntase coma unha especie de flashback na que se explican cousas pasadas dunha personaxe para que se poida entender mellor porqué é como é, porqué fai o que fai ou a súa importancia na historia que narra a película. As tres películas da saga KUNG FU PANDA estan cheas de backstories.

      Neste videoclip da película de animación KUNG FU PANDA 2 Po pregúntalle ao seu pai, o señor Ping, de onde ven? quen é? e introdúcese así a súa BACKSTORY. PRESTADE ATENCIÓN ÁS FORMAS DE PASADO DOS VERBOS!!!

    • Consulta a segunda columna para ver o pasado dos verbos irregulares.

    • ACTIVIDADES

    • Visiona o video KUNG FU PANDA 2 SIMPLE PAST e fai os exercicios 1,2,3, 4 e 5 da ficha PO'S BACKSTORY. Preme no título para descargar o documento.

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións dos exercicios 1,2,3,4 e 5 da ficha PO's BACKSTORY.

    • TAREFA PARA ENTREGAR

      QUE TEÑO QUE FACER?

      Escribir a backstory dunha personaxe secundaria da serie de películas KUNG FU PANDA.

      QUE PRECISO?

      Ver o video KUNG FU PANDA SIMPLE PAST onde o señor Ping lle explica a súa orixe a Po e facer a ficha de exercicios. Este vídeo servirame como exemplo para escribir a miña backstory.

      Outros exemplos de backstories (preme na palabra azul para acceder aos vídeos e activa os subtítulos): LORD SHEN, TAI LUNG.

      Repasar o PAST SIMPLE AFFIRMATIVE, NEGATIVE and INTERROGATIVE dos VERBOS REGULARES e IRREGULARES. Consulta as páxinas 108, 110 e 136 do Workbook. Tamén podes acceder aos documentos de apoio da sección RECURSOS.

      COMO FAGO?

      Escollo unha personaxe de entre este listado:

      Penso na historia pasada da personaxe. Non ten porqué estar relacionada coa película, pode ser totalmente inventada. Intento contestar estas preguntas para inspirarme WHO? WHAT? WHEN? WHERE? HOW?

      Fago dúas listas cos verbos que vou utilizar para narrar a miña historia. Unha cos verbos regulares e outra cos verbos irregulares.

      Antes de empezar a escribir penso se vou empregar as expresións there was/ there were ou alguna forma negativa de pasado.

      Empezo a miña historia escollendo algunha destas expresións temporais:

      ONCE UPON A TIME…

      MANY, MANY YEARS AGO…

      IN A LONG, DISTANT PLACE…

      THERE WAS…

      etc.

      Ordeno a historia con algunha expresión do tipo THEN, AFTER THAT, FINALLY

      Escribo un mínimo de 40 e un máximo de 50 palabras.

      CANDO TEÑA O BORRADOR FEITO NA LIBRETA, REPASO BEN OS VERBOS COIDANDO DE QUE O PAST SIMPLE ESTEA BEN CONSTRUIDO!!!

      Antes de entregarlle o texto á profesora póñolle o seguinte título ao meu texto: O nome da personaxe, as palabras BACK STORY e un PSEUDÓNIMO.

      Por exemplo: MONKEY_ BACK STORY_BUBBLE_GUM

      O meu nome, apelido e curso non poden estar no escrito, estes deberán ir no correo que lle mande á profesora.

      POR QUÉ TANTO ENREDO CON O NOME E O PSEUDÓNIMO?

      Publicarei as vosas historias en Internet para que os vosos compañeir@s as poidan ler e só sairan os vosos pseudónimos.

      COMO ENTREGO A TAREFA?

      Ao correo maria-ingles@sanpaio.com