FEET_A_SHORT_STORY
Que teño que facer?
Escribir un relato curto describindo os pés dos membros da miña familia ao xeito de Hairs de Sandra Cisneros.
Que preciso?
Mirarlles ben os pés á tua familia. Tamén podes describir os teus.
Utilizar o vocabulario da unidade 8: WB p.133, 134.
Utilizar o present simple: WB p.100
Utilizar o comparativo: WB p.98 e superlativo: WB p.102.
Outro vocabulario que podes utilizar:
uñas: nails, callos: calluses, dedo gordo: big toe, dedo pequeno: little toe, dedo mediano: middle toe, xoanete: bunion, cicatriz: scar, talón: heel, nocello: ankle, lunares e verrugas: moles
Escribir un mínimo de oito liñas e un máximo de quince.
Como se fai?
Repasa os comparativos e superlativos.
Repasa o presente simple dos verbos e fíxate na persoa do suxeito e do verbo cando escribas.
Fai un borrador nunha folla da tua libreta.
Repasa o borrador para correxilo co libro aberto nas páxinas de gramática ao lado.
Escribe a versión definitiva. Pon nome, primeiro apelido, curso e o título FEET.
Como o envío?
_Preferiblemente a través da AulaVirtual. É imprescindible facer automatrícula antes.
_Ao correo maria-ingles@sanpaio.com