FROM_MY_WINDOW_I_CAN_SEE
QUE TEÑO QUE FACER?
Grava un documento de audio describindo o que ves dende a fiestra do teu cuarto.
QUE PRECISO?
Unha gravadora de voz:
_no teu PC, sempre que teña micrófono,
_no teu móbil, baixa a aplicación,
_no Whatsapp, compartindo o teu documento de audio no teu Drive ou gmail.
COMO O FAGO?
1. Escoita o audio que fixo Michelle describindo o que ve dende a fiestra do seu cuarto.
Se premes no título desta tarefa, accedes ao texto.
2. Utiliza o PRESENT CONTINUOUS AFFIRMATIVE e/ou NEGATIVE.
3. Contesta as seguintes preguntas:
WHO? QUEN?
DOING WHAT? FACENDO O QUE?
WHERE? ONDE?

Así poderás estructurar a túa descripción.
4. Sitúa o que estás describindo, utiliza expresións como THERE IS, THERE ARE, ON THE LEFT, ON THE RIGHT, IN FRONT OF, etc.

5. Empeza o teu documento de audio dicindo o teu NOME, o teu APELIDO, o teu CURSO e a frase FROM MY WINDOW I CAN SEE.
6. Antes de gravar nada prepara ben o que vas dicir. Fai probas, ensaia.
7. Duración máxima un minuto.
COMO ENTREGO A TAREFA?
Ao correo maria-ingles@sanpaio.com
ATENCIÓN: Se non poideras facer o audio, podes enviar a descripción por escrito. Máximo 10 liñas.
