Section outline

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • Realización dun cartel de presentación do meu avatar. 

      Que preciso?

       1.Consultar os carteis modelo:

      -cartel coas instruccións

      -cartel con exemplo (chevvy chewy)

      2. Reutilizar o avatar que debuxei na libreta.

      3. Repasar o vocabulario e a gramática que xa se viu na clase (units 3, 6 and 8):

      -vocabulario: para describir (p.64 e p.133 do workbook)

      -gramática: para falar da rutina e para falar do que nos gusta (p.100 e p.106 do workbook)

      Que material utilizo?

      A miña libreta, folios, o ordenador. Lapis, rotuladores, etc.

      Como fago?

      Consulto o debuxo que fixen na libreta e preparo un borrador coas tres partes do póster:

      #1 Descripción e nome do avatar.

      #2 O día a día do meu avatar.

      #3 As cousas que lle gustan e as cousas que non lle gustan ao meu avatar.

      Organizo o meu cartel combinando o debuxo do meu avatar co texto dividido en tres partes.

      Utilizo papel, lápiz, rotuladores. Procuro escribir o texto con letra grande e clara.

      Fago unha foto do cartel.

      Como envío a foto á profesora?

      1. A través da Aula Virtual. Antes tedes que automatricularvos.

      2. Por correo electrónico ao enderezo maria-ingles@sanpaio.com.

      No asunto do correo escribo o meu nome e primeiro apelido, o curso no que estou, o nome do meu avatar.

      Instruccións e exemplo.

    • THE RETURN OF THE AVATAR WORD CLOUD FEEDBACK

      Se vos fixades ben nesta nube de palabras, veredes que contén os erros máis habituais que vin nos vosos carteis da TAREFA: THE RETURN OF THE AVATAR..

  • 23rd APRIL BOOK DAY

    No día do libro traballamos o inglés coa escritora americana de ascedencia mexicana Sandra Cisneros. O seu libro The House on Mango Street é lectura obrigatoria nas escolas de EEUU.

    • Neste relato curto a protagonista describe os diferentes tipos de cabelo (color, forma, olor, pentinado) dos membros da sua familia.

    • Le o relato en voz alta. Practica a lectura e a pronunciación.

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • Que teño que facer?

      Escribir un relato curto describindo os pés dos membros da miña familia ao xeito de Hairs de Sandra Cisneros.

      Que preciso?

      Mirarlles ben os pés á tua familia. Tamén podes describir os teus. 

      Utilizar o vocabulario da unidade 8: WB p.133, 134.

      Utilizar o present simple: WB p.100

      Utilizar o comparativo: WB p.98 e superlativo: WB p.102.

      Outro vocabulario que podes utilizar:

      uñas: nails, callos: calluses, dedo gordo: big toe, dedo pequeno: little toe, dedo mediano: middle toe, xoanete: bunion, cicatriz: scar, talón: heel, nocello: ankle, lunares e verrugas: moles

      Escribir un mínimo de oito liñas e un máximo de quince.

      Como se fai?

      Repasa os comparativos e superlativos.

      Repasa o presente simple dos verbos e fíxate na persoa do suxeito e do verbo cando escribas.

      Fai un borrador nunha folla da tua libreta.

      Repasa o borrador para correxilo co libro aberto nas páxinas de gramática ao lado. 

      Escribe a versión definitiva. Pon nome, primeiro apelido, curso e o título FEET.

      Como o envío?

      _Preferiblemente a través da AulaVirtual. É imprescindible facer automatrícula antes.

      _Ao correo maria-ingles@sanpaio.com

        

    • RECURSOS

    • Explicación gramatical da forma e uso do present continuous.

    • Moitas veces o present simple e o present continuous utilízanse combinados. Aquí tedes unha explicación sinxela de cando se usa un e cando se usa o outro.

      Exemplo: I usually go to go to Portugal in the afternoon but now I am staying at home.

    • ACTIVIDADES

    • A profesora Ana fixo unha presentación moi completa do present continuous.  Preme no símbolo de audio para  acceder ás explicacións en español. Exercicios para descargar, solucións, vídeos e xogos. Empezaremos traballando os apartados 1 PRESENT TENSE e 2 LET'S PRACTICE.

    • Facede os exercicios 1,2, 3 e 4 da páxina 42 do Workbook.

    • Facede os exercicios 1 e 2 da páxina 44 do Workbook.

      Cando rematedes, lede o documento PRESENT SIMPLE AND PRESENT CONTINUOUS que está na sección de RECURSOS e facede tamén os exercicios 3, 4 e 5.

    • Seguimos avanzando no uso e construcción do PRESENT CONTINUOUS. Aprendemos a facer preguntas e a combinalo co PRESENT SIMPLE. Todo está moi ben explicado nas seccións 3 e 4 da presentación genially. Anímovos a que participedes no QUIZ da BBC. Seguro que sodes moi bos concursantes!

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións dos exercicios da primeira ficha descargable da presentación genially do present continuous.

    • Solucións da seguinte ficha descargable da presentación.

    • Solucións dos exercicios da páxina 42 do Workbook.

    • Solucións dos exercicios 1,2,3,4 e 5 da páxina 44 do Workbook.

    • Michelle says Hello!!

      Michelle mándavos un saúdo e tamén vos vai axudar a facer a seguinte TAREFA PARA ENTREGAR. Estade atentos!!!

      HELLO, EVERYONE, MY 1ESO WARRIORS! I hope you and your families are doing OK during these unpredictable times...

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • QUE TEÑO QUE FACER?

      Grava un documento de audio describindo o que ves dende a fiestra do teu cuarto.

      QUE PRECISO?

      Unha gravadora de voz:

      _no teu PC, sempre que teña micrófono,

      _no teu móbil, baixa a aplicación, 

      _no Whatsapp, compartindo o teu documento de audio no teu Drive ou gmail.

      COMO O FAGO?

      1. Escoita o audio que fixo Michelle describindo o que ve dende a fiestra do seu cuarto.

      Se premes no título desta tarefa, accedes ao texto.

      2. Utiliza o PRESENT CONTINUOUS AFFIRMATIVE e/ou NEGATIVE.

      3. Contesta as seguintes preguntas:

      WHO?  QUEN?

      DOING WHAT? FACENDO O QUE?

      WHERE? ONDE?

      Así poderás estructurar a túa descripción.

      4. Sitúa o que estás describindo, utiliza expresións como THERE IS, THERE ARE, ON THE LEFT, ON THE RIGHT, IN FRONT OF, etc.

      5. Empeza o teu documento de audio dicindo o teu NOME, o teu APELIDO, o teu CURSO e a frase FROM MY WINDOW I CAN SEE.

      6. Antes de gravar nada prepara ben o que vas dicir. Fai probas, ensaia.

      7. Duración máxima un minuto.

      COMO ENTREGO A TAREFA?

      Ao correo maria-ingles@sanpaio.com

      ATENCIÓN: Se non poideras facer o audio, podes enviar a descripción por escrito. Máximo 10 liñas.

    • 18TH MAY IMD_INTERNATIONAL MUSEUM DAY

    • RECURSOS

    • Hoxe é o Día Inernacional dos Museos. Con esta curtametraxe do museo de arte contemporánea de Londres Tate Modern Museum basada no traballo do artista americano Alexander Calder imos practicar un pouco máis o PRESENT CONTINUOUS.

      Alexander Calder é coñecido polos seu móbiles en cores primarias: amarelo, azul e vermello combinadas co negro. Seguro que xa tes visto nalgún libro algunha fotografia destes móbiles que se parecen moito aos que poñen enriba dos berces dos bebés para entretelos.

      Agora preme no título TATE MODERN AND THE PRESENT CONTINUOUS para acceder ao exercicio.

    • ACTIVIDADES

    • Facede os exercicios 1,2 e 3 da páxina 46 do Workbook.

    • Rematamos a unidade 5 do Workbook con un repaso rápido ao vocabulario e a gramática. Son os exercicios 1,2,3,4,5 e 6 da páxina 47.

    • Practica a túa comprensión oral con este clip da película Moonrise Kingdom de Wes Anderson. Os escoltas do campamento teñen unha misión.

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións dos exercicios das páxinas 46 e 47 do Workbook.

    • RECURSOS

    • Alfie fixo o examen de conducir por segunda vez. Aprobou? Mirade este vídeo no que se repasa o PAST SIMPLE dos VERBOS REGULARES.

       

    • Sophie acaba de chegar a súa casa despois de un viaxe de traballo aos Estados Unidos que se convertiu nun auténtico pesadelo. Fíxadevos ben nas formas especiais do PAST SIMPLE dos verbos irregulares.

    • Breve explicación gramatical do PAST SIMPLE AFFIRMATIVE, NEGATIVE, INTERROGATIVE.

    • ACTIVIDADES

    • Repaso do contido da unidade 7 do WorkbooK. Atentos ás formas especiais de PAST SIMPLE do verbo TO BE__ WAS/ WERE!!!

    • Ficha de repaso do contido da Unit 8 do Workbook. Fíxadevos ben na construcción das oracións negativas e interrogativas!!!

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións da ficha de exercicios da unidade 7.

    • Solucións da ficha de exercicios da unidade 8.

    • RECURSOS

      Unha BACKSTORY en linguaxe fílmica é unha historia detrás da historia. Preséntase coma unha especie de flashback na que se explican cousas pasadas dunha personaxe para que se poida entender mellor porqué é como é, porqué fai o que fai ou a súa importancia na historia que narra a película. As tres películas da saga KUNG FU PANDA estan cheas de backstories.

      Neste videoclip da película de animación KUNG FU PANDA 2 Po pregúntalle ao seu pai, o señor Ping, de onde ven? quen é? e introdúcese así a súa BACKSTORY. PRESTADE ATENCIÓN ÁS FORMAS DE PASADO DOS VERBOS!!!

    • Consulta a segunda columna para ver o pasado dos verbos irregulares.

    • ACTIVIDADES

    • Visiona o video KUNG FU PANDA 2 SIMPLE PAST e fai os exercicios 1,2,3, 4 e 5 da ficha PO'S BACKSTORY. Preme no título para descargar o documento.

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións dos exercicios 1,2,3,4 e 5 da ficha PO's BACKSTORY.

    • TAREFA PARA ENTREGAR

      QUE TEÑO QUE FACER?

      Escribir a backstory dunha personaxe secundaria da serie de películas KUNG FU PANDA.

      QUE PRECISO?

      Ver o video KUNG FU PANDA SIMPLE PAST onde o señor Ping lle explica a súa orixe a Po e facer a ficha de exercicios. Este vídeo servirame como exemplo para escribir a miña backstory.

      Outros exemplos de backstories (preme na palabra azul para acceder aos vídeos e activa os subtítulos): LORD SHEN, TAI LUNG.

      Repasar o PAST SIMPLE AFFIRMATIVE, NEGATIVE and INTERROGATIVE dos VERBOS REGULARES e IRREGULARES. Consulta as páxinas 108, 110 e 136 do Workbook. Tamén podes acceder aos documentos de apoio da sección RECURSOS.

      COMO FAGO?

      Escollo unha personaxe de entre este listado:

      Penso na historia pasada da personaxe. Non ten porqué estar relacionada coa película, pode ser totalmente inventada. Intento contestar estas preguntas para inspirarme WHO? WHAT? WHEN? WHERE? HOW?

      Fago dúas listas cos verbos que vou utilizar para narrar a miña historia. Unha cos verbos regulares e outra cos verbos irregulares.

      Antes de empezar a escribir penso se vou empregar as expresións there was/ there were ou alguna forma negativa de pasado.

      Empezo a miña historia escollendo algunha destas expresións temporais:

      ONCE UPON A TIME…

      MANY, MANY YEARS AGO…

      IN A LONG, DISTANT PLACE…

      THERE WAS…

      etc.

      Ordeno a historia con algunha expresión do tipo THEN, AFTER THAT, FINALLY

      Escribo un mínimo de 40 e un máximo de 50 palabras.

      CANDO TEÑA O BORRADOR FEITO NA LIBRETA, REPASO BEN OS VERBOS COIDANDO DE QUE O PAST SIMPLE ESTEA BEN CONSTRUIDO!!!

      Antes de entregarlle o texto á profesora póñolle o seguinte título ao meu texto: O nome da personaxe, as palabras BACK STORY e un PSEUDÓNIMO.

      Por exemplo: MONKEY_ BACK STORY_BUBBLE_GUM

      O meu nome, apelido e curso non poden estar no escrito, estes deberán ir no correo que lle mande á profesora.

      POR QUÉ TANTO ENREDO CON O NOME E O PSEUDÓNIMO?

      Publicarei as vosas historias en Internet para que os vosos compañeir@s as poidan ler e só sairan os vosos pseudónimos.

      COMO ENTREGO A TAREFA?

      Ao correo maria-ingles@sanpaio.com

  • Highlighted

    Premede no título KUNG_FU_PANDA_Backstories_1ESO e botade unha ollada ás historias d@s compañeir@s. Quedaron chulísimas!

    • Levamos xa un bo número de backstories publicadas. O nivel é o moi alto, hai moitísima imaxinación e creatividade. 

      Aínda estades a tempo de enviar as vosas. MEI, MEI, VIPER e MR PING lideran a lista de personaxes favoritas pero hai máis e moi variopintas.

      Que dicir de BOSS WOLF? E logo MANTIS?