Adianto a tarefa da semana que vén, porque a miña proposta é que busquedes os traballos, que realizamos a comezo de curso (BRANCA DE NEVE...) para poder tentar publicar algún na revista CARTAFOL do instituto. Están no arquivo do blog, procurádelos e mandádesmos aquí como tarefa.
OUTRA posibilidade é que acheguedes unha nova creación vosa (A temática, xénero e estilo son libres. O artigo de opinión, a poesía, a fotografía, o conto, a banda deseñada etc. teñen acollida nas páxinas da revista.) SOBRE TODO é moi interesante que acheguedes fotos vosas dos grupos, algunhas poden ser as de Nadal, Entroido ou algún colage que poidades facer, no que apareza todo o grupo clase, tamén debedes engadir un comentario.
A revista "Cartafol" ten unha longa e vizosa vida no Instituto. Podes ver todos os números publicados nesta ligazón.