XORNADA RADIOVISUAL INTERESCOLAR “PONTE...NAS ONDAS!” - 24 DE ABRIL

Convidámosvos a realizar un programa de radio en directo emitido con imaxe por Internet a través da web de PONTE...NAS ONDAS! (www.pontenasondaso.org) e do portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com)

O modelo PONTE...NAS ONDAS! é exemplo escollido pola UNESCO en todo o mundo para a nova plataforma das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial que se vai lanzar a final deste ano 2026. (htps://youtu.be/Zp73bEhRl7I?si=xb-zaUGJbAIBw9yB ). Por este motivo, queremos mostrar o ben facer dos centros educativos galegos e portugueses nesta xornada de comunicación.

Agradecemos que confirmedes a vosa participación nalgúns dos lugares desde onde se vai realizar a emisión ( Vimianzo, A Laracha, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Vigo, Valença do Minho).

Achegámosvos algúns consellos para que teñades en conta para a xornada do 24 de abril

Vaise emitir audio e vídeo, por tanto vai ser un “radiovisual”, o alumnado que participe na locución deberá ter en conta:

Ler o guión co papel posto no atril enriba da mesa (ou con el na man en vertical sen que lle tape a cara, ao lado do micrófono)

Deberían erguer a cabeza e mirar ao frente

IMPORTANTE: Para comezar a falar, o locutor/a debe erguer unha man coa

palma aberta e baixala lentamente para que baixe a música ou para que o técnico saiba quen vai falar. O locutor é quen manda! Se quer facer unha pausa debe erguer a man coa palma aberta e subila lentamente para que o técnico saiba que debe subir música.

Se hai máis dun locutor/a o primeiro e o último deben ser quen baixen e ergan a man (ou calquera que queira pausar ou reanudar).

Se entrevistamos a unha persoa, debemos mirarlle á cara cando responde e atender ao que di (non estar mirando o papel das preguntas). Cando comecemos e ao remate, debemos mirar cara a cámara que estará na frente para presentar á persoa convidada e para despedila.

No caso dalgunha actuación musical, hai que presentala ben desde a locución ou ben calquera membro do grupo.

PRESENTACIÓN E PROGRAMA

Dicir o nome do centro completo e o Concello.

Presentar o programa e facer unha referencia á celebración da xornada de Ponte...nas ondas !

Indicar cales van ser os contidos e quen van ser os locutores e intervintes.

Desenvolver os diversos contidos

Despedida: facer referencia ao que se fixo no programa

É importante ter claro como se van facer as rotacións dos locutores, no caso que haxa varias quendas, é dicir, se hai grupos de 2, 3 ou 4 e se cambian para outra sección por outros, saber que postos van ocupar (poden velo xa propio lugar).

Teremos unha mesa con 4 micrófonos para os/as locutores/as e un micrófono sen fios para as entrevistas. As actuacións terán xa unha microfonía fixa.

Sería moi de agradecer poder traer algún artesán ou persoa con algunha habilidade manual que poidese estar realizando o seu traballo ou artesanía nunha mesa e de cara ao auditorio. Simplemente temos que contar con ela e telo previsto.

Pódese integrar no guión do programa.

Divulgar no centro e nas familias, nas redes sociais, e onde vos pareza, a participación e onde se poderá ver a emisión: www.pontenasondas.org

Última modificación: martes, 21 de abril de 2026, 6:30 PM