Foro de novas

AVISO MODIFICACIÓN PROGRAMACIÓN

AVISO MODIFICACIÓN PROGRAMACIÓN

de Profesora Salomé Díaz Muñiz -
Número de respuestas: 0

Achégovos un arquivo coa modificación da programación.

O máis importante xa volo resumo eu aquí. 

Como ben sabedes nesta materia non hai alumnado suspenso. Daquela todas as tarefas que realicedes durante este  3º trimestre son de REPASO E AVANCE.

A cualificación final da avaliación ordinaria resultará de tomar como base a mellor das seguintes cualificacións:

a) A cualificación da 2ª avaliación ou 

b) A media da 1ª e 2ª avaliacións

A esta base sumaranse: as actividades de repaso e avance da 3ª avaliación (ata un máximo de 2 puntos)

Resumindo, de novo, que a máxima puntuación, nesta materia, será acadada por aquel alumnado que realice as tarefas deste terceiro trimestre seguindo as directrices que se especificaron nas tarefas.