Achégovos un arquivo coa modificación da programación.
O máis importante xa volo resumo eu aquí.
Como ben sabedes nesta materia non hai alumnado suspenso. Daquela todas as tarefas que realicedes durante este 3º trimestre son de REPASO E AVANCE.
A cualificación final da avaliación ordinaria resultará de tomar como base a mellor das seguintes cualificacións:
a) A cualificación da 2ª avaliación ou
b) A media da 1ª e 2ª avaliacións
A esta base sumaranse: as actividades de repaso e avance da 3ª avaliación (ata un máximo de 2 puntos)
Resumindo, de novo, que a máxima puntuación, nesta materia, será acadada por aquel alumnado que realice as tarefas deste terceiro trimestre seguindo as directrices que se especificaron nas tarefas.