- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Departamentos/Aulas
- Programacións
- Biblioteca
- Calendario
- Contido recente
ACTUALIDADE
O noso centro celebra con grande satisfacción os resultados acadados nas Probas de Acceso á Universidade (PAU), nas que a totalidade do alumnado presentado conseguiu superar con éxito os exames.
Hoxe é un día de enorme satisfacción para toda a nosa comunidade educativa
A Praza Jorge Mira de Baio converteuse hoxe nun gran espazo de encontro, celebración e compromiso coa nosa lingua durante a terceira edición da gala Falemos + Galego, unha cita xa consolidada que reuniu arredor de mil persoas procedentes de 14 centros educativos de varios concellos da contorna.
Onte o alumnado de 4° da ESO e 1° de BAC, que cursa a materia de francés, compartiu un xantar francófono. A profesora de francés convidou ao alumnado a disfrutar dunha raclette con diferentes tipos de queixos, xa que estudar unha lingua estranxeira non é só estudar a gramática e o léxico, tamén é coñecer a cultura e a gastronomía dos países francófonos.
O IES Maximino Romero de Lema quere expresar a súa satisfacción e orgullo polo recoñecemento acadado polo noso alumno Raúl Soneira Barreira, de 1º de Bacharelato, no XIV Concurso #140EnPositivo, convocado pola Biblioteca da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creatividade, a reflexión e a difusión de mensaxes positivas entre a mocidade.
Hoxe, a nosa profesora de Física e Química, Begoña Raña, participou na I Xornada de Redes de Clubs de Ciencia “A ciencia que nos une”, celebrada na EGAP en Santiago de Compostela, un encontro para compartir experiencias, crear conexións e seguir impulsando a ciencia nos centros educativos galegos a través do traballo en rede.
Na mañá de hoxe celebrouse na Serra de Outes a primeira xornada do Campionato Escolar Infantil de Bádminton, na categoría Infantil.