Onte o alumnado de 4° da ESO e 1° de BAC, que cursa a materia de francés, compartiu un xantar francófono. A profesora de francés convidou ao alumnado a disfrutar dunha raclette con diferentes tipos de queixos, xa que estudar unha lingua estranxeira non é só estudar a gramática e o léxico, tamén é coñecer a cultura e a gastronomía dos países francófonos.