Hoxe, o alumnado de 1º Bacharelato Nazaret Álvarez, Bruno Atán, Nicolás García, María Nantón, María Pérez, Irene Rodríguez, Noa Romero e Lucas Trillo, acompañados da profesora de Bioloxía Cecilia Folla, participaron na XVII edición da Olimpíada de Xeoloxía, que se celebrou na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.
A proba estivo dividida en dúas partes, unha práctica grupal e unha proba test de 40 preguntas. Non quedaron entre os premiados pero desfrutaron da experiencia e achegáronse doutro xeito á xeoloxía.
Aproveitaron tamén para visitar o laboratorio de Xeoloxía da facultade e o de Edafoloxía.
Agradecémoslle a Cecilia o seu compromiso con esta iniciativa que supuxo para o alumnado un gran achegamento ao mundo da Xeoloxía e Bioloxía, que de seguro conducirá ao seu fortalecemento vocacional.