Todo o alumnado que fixo reserva de praza en 1º de ESO para o curso 2026/2027 procedente do CEIP Plurilíngüe A Pedra, foi admitido.
As listaxes están expostas no taboleiro de anuncios da Secretaría do centro.
Todo o alumnado que fixo reserva de praza en 1º de ESO para o curso 2026/2027 procedente do CEIP Plurilíngüe A Pedra, foi admitido.
As listaxes están expostas no taboleiro de anuncios da Secretaría do centro.
A Orde do 7 de xaneiro de 2026 convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. O prazo para realizar a solicitude remata o 3 de marzo de 2026 incluido.
Destinatarios: Alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos, matriculado no curso 2025/2026 no réxime xeral de 1º e 2º de Bacharelato.
Requisitos:
Realizar a solicitude en AxudasLe.

Na Resolución do 5 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dítanse instrucións para a acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2025/26.
Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio.
Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
A acreditación da competencia dixital do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:
a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2025/26.
b) Por obter o título de bacharel no curso 2025/26 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.
Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria
1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
2. Esta certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais.
3. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.
Acreditación do alumnado de bacharelato
1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
4. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas. Para estes efectos poderase empregar o modelo de solicitude recollido no Anexo I da Resolucion.
5. O alumnado recibirá os documentos de acreditación a traves da aplicación Abalar.
6. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
Requisitos do alumnado para participar na proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio
O alumnado que desexe participar na probas específica deberá cumprir o seguinte requisito:
Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.
Solicitude e inscrición nas probas específicas
1. O alumnado de 2º de Bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da Resolución.
2. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.
3. Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite 20 de febreiro, ás 23:59 horas.
Aplicación da proba específica
1. A proba realizarase ao longo do mes de marzo de 2026.
2. A proba realizaranse no centro docente con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.
3. A convocatoria de cada proba específica será única.
Información sobre a proba específica
A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais.
A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.
A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas (8 preguntas).
![]()
A Orde do 21 de outubro de 2022 desenvolve o Decreto 13/2022 e regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos co fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. Esta orde establece o seguinte calendario de reserva e admisión:
Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro adscrito e pasa a outro (centro adscrito ao IES Johan Carballeira: CEIP Plurilingüe A Pedra)
23 de febreiro: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate. Anuncio do sorteo para o curso 2026/2027. Resultado do sorteo.
Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes. Postos escolares vacantes 2026/2027.
Do 1 ao 20 de marzo: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
Dez días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de solicitude de admisión: presentación da documentación acreditativa para o baremo, sempre que o número de solicitudes presentadas sexa superior ó número de postos escolares vacantes (ata o 7 de abril)
Cinco días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da listaxe provisional: reclamacións contra listaxes provisionais.
15 de maio: publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos..
Do 23 de xuño ao 7 de xullo: unha vez admitido, prazo de formalización da matrícula.
Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
Centros adscritos: CEIP A Pedra
Áreas de influencia: ESO: Parroquia de San Martiño, Bacharelato: Concello de Bueu.
Áreas limítrofes: ESO: Beluso e Cela, Bacharelato: Concellos de Cangas, Marín e Moaña.
Servizos complementarios que ofrece o centro: Transporte escolar.
A admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o Proxecto Educativo do mesmo, das normas de organización, funcionamento e convivencia e a concreción curricular do centro, entre outras. Convén a lectura econsulta desta documentación.
INFORMACIÓN A TER EN CONTA
O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia.
Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.
O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.
En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.
Presentación da solicitude de admisión:
Para presentar a solicitude de admisión poderase seguir algunha das seguintes opcións:
Cubrir a solicitude en AdmisionAlumnado e presentala asinada presencialmente no centro.
Documentación a presentar coa solicitude:
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Importante: todas as solicitudes terán que asinalas os dous proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuída exclusivamente a un deles.
Na aplicación AdmisionAlumnado, poderase consultar:
O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación AdmisionAlumnado no momento da súa gravación.
O estado da tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
A lista do alumnado co posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, empregando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e a Chave365.


O venres 9 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía visitou a Escola e levaron a cabo dous obradoiros: recoñecemento de minerais e combustión.
Comentarios