Destinatarios
Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso.
Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
Acceso
Para o acceso a estas ensinanzas requírese cumprir algunha destas condicións:
Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.
Estar en posesión do título de técnica ou técnico de formación profesional, correspondente á formación profesional de grao medio.
Estar en posesión do título de técnica superior ou técnico superior de formación profesional.
Estar en posesión do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño.
Estar en posesión do título de técnica superior ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Estar en posesión do título de técnica deportiva ou técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.
Estar en posesión do título de técnica deportiva superior ou técnico deportivo superior.
Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente (BUP) ou, como máximo, con dúas materias non superadas no conxunto dos dous cursos.
Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
- Ter superado os estudos do primeiro ciclo do Programa Experimental de Reforma das Ensinanzas Medias (REM).
Ter superado os cursos comúns dos estudos de artes aplicadas e oficios artísticos.
Ter superados outros estudos declarados equivalentes aos citados anteriormente.
Organización
Estas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se poderán superar os 32 períodos lectivos semanais.
1º Bacharelato | |
| Materias comúns | Horas |
| Lingua Galega e Literatura I | 3 |
| Lingua Castelá e Literatura I | 3 |
| Lingua estranxeira I: Inglés I | 3 |
| Filosofía | 3 |
| Educación Física | 3 |
| Disposición de centro: Reforzo en linguas | 1 |
| Modalidade de Ciencias | Horas |
| Matemáticas I | 4 |
Materias de opción: (escoller dúas) Física e Química Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais | 4+4 |
Materia optativa: Cultura Científica | 4 |
| Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais | Horas |
Humanidades: Latín I Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I | 4 |
Materias de opción: (escoller dúas) Grego I, Latín I, Economía, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Historia do Mundo Contemporáneo | 4+4 |
Materia optativa: (escoller unha) Cultura Científica, Materia de opción non escollida | 4 |
2º Bacharelato | |
| Materias comúns | Horas |
| Lingua Galega e Literatura II | 3 |
| Lingua Castelá e Literatura II | 3 |
| Lingua estranxeira II: Inglés II | 3 |
| Histoira da Filosofía | 3 |
| Historia de España | 3 |
| Disposición de centro: Reforzo en linguas | 1 |
| Modalidade de Ciencias | Horas |
| Matemáticas II | 4 |
Materias de opción: (escoller dúas) Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais | 4+4 |
Materia optativa: (escoller unha) Psicoloxía, Materia de opción non escollida | 4 |
| Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais | Horas |
Humanidades: Latín II Ciencias Sociais: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais IÇI | 4 |
Materias de opción: (escoller dúas) Economía e Deseño de Modelos de Negocio, Xeografía, Historia da Arte | 4+4 |
Materia optativa: (escoller unha) Psicoloxía, Materia de opción non escollida | 4 |
Permanencia
O tempo máximo de permanencia para cursar estas ensinanzas pola modalidade presencial é de seis anos académicos. Se unha persoa esgota ese tempo sen acadar o título, poderá seguir cursando as materias pendentes na modalidade a distancia.
Certificación
Aos alumnos e alumnas que logren a avaliación positiva de todas as materias dun itinerario formativo expediráselles o título de bacharel na modalidade que se complete.
Cando non se rematen os estudos, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.
O título de bacharel dá acceso a:
Ciclos formativos de grao superior.
Universidade.
Mundo laboral.
Probas libres para obtención do título de bacharel
Aquelas persoas que non poidan asistir normalmente á clase teñen a posibilidade de obter o título de bacharel a través de probas específicas para a obtención deste título.
Estas probas libres celébranse unha vez ao ano e convócanse publicamente a través do DOG.
Pode consultar maior información sobre estas probas na ligazón.






