Vocabulario do tema
Aquí podedes incluir palabras propias do tema e o seu significado!!!! .
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
AutarquíaAutoconsumo, producir todo aquilo que se necesitaba, practicamente sen recurrir ao comercio. Dábase sobre todo nas grandes propiedades ou latifundios. | |
B |
|---|
BasileusÉ unha palabra grega que significa rey ou monarca. Co tempo, os emperadores bizantinos adoptaron este título. Un basileus tiña todos os poderes: político, militar e incluso relixioso, xa que se consideraba que o seu poder viña de deus directamente. | |
C |
|---|
CarlomagnoRey franco que foi coroado emperador do imperio carolinxio polo papa León lll no Nadal do ano 800 e conseguiu o máximo esplendor do imperio: conquistou territorios de numerosos pobos, coma os lombardos(norte de Italia), os bárbaros e os ávaros(centro de Europa); e os saxóns(norte de Alemaña). | |
L |
|---|
LatifundioÉ unha explotación agraria de grandes dimensións. Pertencían á nobreza e aos mosteiros en Bizancio e eran traballadas por servos. | |
P |
|---|
Pobos xermánicosOs pobos xermánicos ou xermanos son un histórico grupo dos pobos orixinarios do norte de Europa que se identifican polo uso das linguas xermánicas. Situados ao este do Rin e ao norte do Danubio (Germania Magna); precisamente o que protagonizou as denominadas invasións xermánicas que provocaron a caída do Imperio romano de Occidente ao instalarse en amplias zonas do leste: suevos, vándalos, godos (visigodos e ostrogodos), francos, burgundios, turinxios, alamanes, anglos, saxóns, xutos, hérulos, ruxios, lombardos, catos, téncteros, etcétera. | |
R |
|---|
Reino suevoO reino suevo ou reino suevo de Gallaecia foi fundado por un pobo xermánico coñecido como os suevos no ano 409, na provincia da Gallaecia do Imperio romano de Occidente. Tras cruzar as Galias, entraron polos Pireneos á península Ibérica. Foron o primeirio pobo xermano en obter o estatus de federado (aliado) dentro dos límites do Imperio Romano Occidental. En 585, o reino suevo foiu conquistado polo rey visigodo Leovixildo e o seu territorio incorporouse ao Reino visigodo de Toledo. | |
Reino visigodoO reino visigodo foi unha entidade política establecida polo pobo visigodo tras o seu asentamento nunha parte da actual Francia e a península ibérica, na época das invasións xermánicas, que durou durante boa parte da Alta Idade Media, ocupando territorios nas Galias e Hispania nas súas diversas etapas. O reino visigodo de Tolosa (Toulouse), comezóu no ano 418, tras o pacto ou foedus entre os visigodos e Roma, e durou ata o 507, cando o rei Alarico II foi derrotado polos francos na batalla de Vouillé e iniciouse o reino visigodo de Toledo , que se extendeu dende o 507 ata o 711, ano no que comezou a conquista musulmana da península ibérica. | |
Ruralización (proceso)Por proceso de ruralización enténdese o proceso polo cal Europa occidental foi facéndose máis rural, é dicir, que as cidades perderon importancia en favor das aldeas (a xente foise a vivir ao campo maioritariamente) e as actividades económicas urbanas, como o comercio e a artesanía, foron practicamente desaparecendo en favor do sector agrario. | |
S |
|---|
ServoA servidume (do latín servus) é un tipo de relación social mediante a cal unha persoa queda completamente sometida a outra, ou entregada ao seu servizo, sen ter a condición de escrava (non podía ser comprada nin vendida nin era considerada un obxecto, aínda tiña certos dereitos). A servidume foi unha forma típica de relación en Europa durante o feudalismo. | |