Por proceso de ruralización enténdese o proceso polo cal Europa occidental foi facéndose máis rural, é dicir, que as cidades perderon importancia en favor das aldeas (a xente foise a vivir ao campo maioritariamente) e as actividades económicas urbanas, como o comercio e a artesanía, foron practicamente desaparecendo en favor do sector agrario.