O IES Fernando Blanco presenta a súa nova web
O IES Fernando Blanco vén de estrear nova páxina web institucional, renovando a súa presenza dixital e adaptándoa ás novas funcionalidades do proxecto Webs Dinámicas da Xunta de Galicia. A nova plataforma ofrece unha imaxe máis moderna, unha navegación máis intuitiva e unha mellor experiencia de uso tanto desde ordenadores como desde dispositivos móbiles.
