| Grao | Superior |
| Réxime | Xeral-ordinario |
| Horario | Mañá |
| Horas | 2.000 |
| Código | D3ADG000100 |
🌟 Que vas aprender?
Formaraste para organizar e executar tarefas de xestión e administración en áreas clave dunha empresa: comercial, laboral, contable, fiscal e financeira. Aprenderás a xestionar información, aplicar protocolos de calidade, garantir a satisfacción da clientela e actuar sempre segundo as normas de prevención de riscos e protección ambiental.
🏢 Onde poderás traballar?
Poderás desenvolver o teu labor en empresas de calquera tamaño e sector, especialmente no ámbito dos servizos, así como na Administración pública. Realizarás tarefas de xestión, asesoramento e atención á clientela, ademais de trámites administrativos e organización de arquivos e comunicacións.
Tamén terás a opción de traballar pola túa conta, creando o teu propio negocio ou exercendo en ámbitos como asesorías laborais, contables ou fiscais, ou en proxectos de xestión empresarial.
👩💼 Saídas profesionais
Entre as ocupacións máis habituais destacan administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro, administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a en administracións públicas, administrativo/a en asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais; técnico/a en xestión de cobramentos e responsable de atención á clientela
🎓 Titulación
Ao rematar os estudos obterás o Título de Técnico Superior en Administración e Finanzas.
🗂️ Que módulos vou estudar?
| 1º curso | Horas |
| Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 |
| Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 |
| Inglés profesional (GS) | 60 |
| Xestión da documentación xurídica e empresarial | 77 |
| Recursos humanos e responsabilidade social corporativa | 77 |
| Ofimática e proceso da información | 237 |
| Proceso integral da actividade comercial | 128 |
| Comunicación e atención á clientela | 154 |
| Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 |
| Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 |
| 2º curso | Horas |
| Xestión de recursos humanos | 166 |
| Xestión financeira | 193 |
| Contabilidade e fiscalidade | 248 |
| Xestión loxística e comercial | 138 |
| Simulación empresarial | 165 |
| Proxecto intermodular de administración e finanzas | 50 |
| Dixitalización aplicada ao sistema produtivo (GS) | 30 |
| Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 |
As horas correspondentes ao período formativo en empresa están integradas dentro das horas de cada módulo formativo de 2º curso.
🧾 Currículo
Decreto 206/2012, do 4 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en administración e finanzas
🔎 Máis información
Todo FP - Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes