10. As conspiracións golpistas contra a Segunda República
Xuntamos un documento que resume o capítulo que dedica Paul Preston á evolución política do primeiro rexime democrárico da historia de España no seu recente Un pueblo traicionado. Corrupción, incompetencia política y división social en España de 1874 a nuestros días (Debate, 2019). Nel describe con precisión e rigor o obstrucionismo das reformas aprobadas polos gobernos azañistas que desenvolveron as oligarquías que só perderan o poder político, as actuacións destabilizadoras que practicaron as organizacións políticas de dereitas, partidarias da restauración da monarquía ou da instauración dun rexime ditatorial de estilo fascista mediante un golpe de estado, as conspiracións de persoeiros como Juan March, Gil Robles e Calvo Sotelo, entre outros, a carón dalgúns militares africanistas.
Salienta, tamén, a importancia que tiveron os erros deses gobernos reformistas e as consecuencias da aposta de amplios sectores do movemento obreiro, nomeadamente os anarquistas, por unha revolución de estilo soviético que rematase coa situación de miseria e opresión que padecían millóns de xornaleiros sen terra e de traballadores urbanos nunha situación de crise económica que aproveitaron os propietarios e os empresarios para reducir salarios e non contratar aos obreiros que estivesen sindicados.