A guerra provocada polo fracaso relativo da sublevación militar e fascista contra o goberno democrático da Segunda República saldouse coa victoria do bando rebelde/alzado dirixido polo xeneral Franco e a conseguinte instauración dun réxime dictatorial e fortemente represivo, de natureza xenocida segundo expertos de recoñecidos hispanistas (Paul Preston: el holocausto español) e profesores universitarios expertos nestas temáticas (Antonio Míguez: a natureza xenocida do franquismo), que foi evolucionando nas súas bases ideolóxicas e apoios sociais durante as décadas da posguerra e acabou institucionalizándose como unha democracia orgánica aparentemente liberal.

Eses temas forman parte do pasado incómodo da sociedade española pola persistencia de memorias confrontadas encol da violencia política e do terror aplicado na retagarda de ambos os dous bandos durante a guerra civil. Sirva como mostra a argumentada carta ao director publicada por José Luis Gil Vázquez  ou o artigo sobre o asasinato polos falanxistas de Xaime Quintanilla, alcalde republicano de Ferrol nos días posteriores ao triunfo da rebelión en Galicia, ambas as dúas novas no xornal La Voz de Galicia do 20 de abril de 2023.

Last modified: Saturday, 25 April 2026, 11:08 PM