Tarefa final: un mapa conceptual sobre a herdanza política, económica e social de Roma en Hispania
Requisitos do completado
Utiliza a información que xuntamos neste cartafol para elaborar un mapa conceptual sintetizando as consecuencias da romanización para a Península Ibérica nos seguintes ámbitos:
1. Político-administrativo: división provincial, en conventus e municipia coas principais funcións de cada institución.
2. Económicas: difusión dos tres cultivos mediterráneos, explotación mineira, artellamento do territorio mediante unha rede viaria de calzadas para favorecer o comercio exportador.
3. Sociais e culturais: mestizaxe entre lexionarios e nativas, establecemento de comunidades hebraicas, aculturación no Latín e no coñecemento grecorromano, difusión do cristianismo.