3.4.5. Análise de gráficas sobre o comercio internacional
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol. Analízaas de vagar e utiliza correctamente a información que fornecen para respostar correctamente ás seguintes cuestións:
1º. Describe a información de cada unha das catro gráficas.
2º. Partindo da primeira gráfica, clasifica a importancia dese comercio bilateral por sectores. Argumenta como é ese saldo comercial para a Unión Europea en conxunto, Alemania e España.
3. Analizando a información da 2ª e da 3ª gráfica explica:
3a. Cales son os estados membros da U.E. máis dependentes das exportacións a Estados Unidos.
3b. Esa dependencia nos casos de Alemania, Francia, Italia e España.
3c. A relación comercial entre a UE e os Estados Unidos nos cinco subsectores representados nas gráficas. Salienta a evolución no período analizado e os resultados en cada caso.
3d. Outros indicadores que deberíamos considerar para valorar o resultado dunha relación comercial.
4. Despois de ler con atención o último documento que se xunta, explica en que consiste o proteccionismo e que consecuencias ten a imposición de aranceis para as familias consumidoras, as empresas e as persoas traballadoras.