Section outline

    • Descarga no teu equipo os documentos que xuntamos. Analiza de vagar o seu contido para elaborar un mapa conceptual sobre os sectores produtivos e as características das actividades que integran cada un deles.

    • Descarga esta ficha no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas.

    • Analiza con atención o contido dos documentos que xuntamos neste cartafol e elabora un mapa conceptual no que representes correctamente:

      a) As características das actividades produtivas que integran o sector primario.

      b) A importancia estratéxica desas actividades para a vida das sociedades humanas.

    • Descarga esta ficha no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas.

    • Descarga no teu equipo os documentos que xuntamos neste cartafol e utiliza o seu contido para elaborar un mapa conceptual no que representes correctamente:

      a) As características das actividades produtivas que integran o sector secundario.

      b) A tipoloxía das materias primas e as fontes de enerxía que utilizan as actividades industriais.

      c) As razóns da sua importancia estratéxica para o desenvolvemento e o benestar das sociedades humanas.

    • Analiza as imaxes deste cartafol e elabora un texto expositivo sobre as relacións entre o uso de enerxías, a contaminación, o cambio climático e o empeoramento das condicións ambientais nas sociedades desenvolvidas.

    • Descarga esta ficha no teu equipo, consulta as fontes de información que se indican e resposta correctamente as cuestións propostas.

    • Descarga no teu equipo os docmentos que xuntamos neste cartafol. Despois elabora un mapa conceptual no que presentes:

      1. As características das actividades que integran o sector servizos.
      2. A súa evolución nas últimas décadas de globalización.
      3. As consecuencias económicas, sociais e ambientais desa intensificación das relacións comerciais internacnionais.
    • Pescuda sobre as consecuencias sociais e ambientais da deslocalización global da industria textil partindo dos seguintes casos:

      1. A importación de roupa usada en África: Uganda.

      2. As condicións de traballo infantil nas fábricas textis na periferia mundial.

    • Descarga esta práctica no teu equipo e resólvea correctamente aplicando os coñecementos acadados neste tema.

    • Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol, analízaas de vagar e despois, resposta as seguintes cuestións utilizando correctamente a información deses documentos.

      1ª. Agrupa por sectores económicos as actividades descritas nuha táboa comparativa (España / Galicia) sumando as porcentaxes correspondentes a todas as actividades dun mesmo sector.

      2ª. Argumenta cales foron os sectores ou actividades concretas que experimentaron unha maior perda de empregos no período esculcado.

      3ª. Que indicadores se utilizan para medir a importancia dunha actividade económica ou dun sector da economía nunha sociedade e cales son as razóns polas que se fai?

      4º. Argumenta cal é a fiabilidade da renda per capita e as diferenzas co IDH

    • Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol. Analízaas de vagar e utiliza correctamente a información que fornecen para respostar correctamente ás seguintes cuestións:

      1º. Describe a información de cada unha das catro gráficas.

      2º. Partindo da primeira gráfica, clasifica a importancia dese comercio bilateral por sectores. Argumenta como é ese saldo comercial para a Unión Europea en conxunto, Alemania e España.

      3. Analizando a información da 2ª e da 3ª gráfica explica:

      3a. Cales son os estados membros da U.E. máis dependentes das exportacións a Estados Unidos.

      3b. Esa dependencia nos casos de Alemania, Francia, Italia e España.

      3c. A relación comercial entre a UE e os Estados Unidos nos cinco subsectores representados nas gráficas. Salienta a evolución no período analizado e os resultados en cada caso.

      3d. Outros indicadores que deberíamos considerar para valorar o resultado dunha relación comercial. 

      4. Despois de ler con atención o último documento que se xunta, explica en que consiste o proteccionismo e que consecuencias ten a imposición de aranceis para as familias consumidoras, as empresas e as persoas traballadoras.