Section outline
-
Neste tema estudaremos os sistemas políticos e os múltiples beneficios das democracias, nomeadamente o Estado de Benestar, para a maioría das persoas e familias que compoñen unha sociedade, tomando como exemplo a Galicia dentro do Estado español e da Unión Europea.
-
Descarga no teu equipo a presentación e o documento que xuntamos neste cartafol. Analiza con atención o seu contido para elaborar un mapa conceptual sobre:
a) a tipoloxía dos sistemas políticos en función das seguintes características: existencia de libertades civís e políticas, a separación de poderes e a libertade de prensa, a xefatura do Estado e a administración centralizada ou descentralizada.
b) A protección da igualdade de oportunidades e dos dereitos das persoas desfavorecidas e vulnerables.
-
Descarga esta ficha no teu equipo e respóstaa como se require nas cuestións propostas
-
Analiza a evolución dos diferentes sistemas políticos nos últimos anos.
Procura o significado do termo "autocracia" e cita exemplos representativos da mesma.
-
Analiza o mapa dispoñible neste artigo dixital e describe a situación política dos estados nos diversos continentes.
Compara a situación de 2019 coa de 2021 que se reflicte nestoutro artigo dixital.
Indica en cales deles predominan as democracias, as ditaduras ou os denominados reximes híbridos.
Argumenta cales son as vantaxes políticas, económicas e sociais dos reximes democráticos para os cidadáns en relación coas autocracias e cita exemplos de cada un destes reximes.
-
Descarga este documento no teu equipo e elabora un mapa conceptual sobre:
a) As características do sistema político democrático e centralizado do Estado Social de Dereito e descentralizado en autonomías de España dende a Constitución de 1978.
b) A distribución de competencias ás administracións autonómicas.
c) As características da integración na Unión Europea e as consecuencias dese proceso para o desenvolvemento económico e a modernización da sociedade española.
-
A Constitución aprobada en referendum o 6 de decembro de 1978 establece os tres símbolos da España democrática co estado descentralizado das autonomías. Por iso as bandeiras de España, de Galicia e da Unión Europea ondean xuntas na entrada ou nun lugar destacado dos edificios públicos da nosa terra o mesmo que nas demais autonomías do estado español.
-
O Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes do Goberno de España ofrece, no seu sitio virtual, contidos referidos á Constitución promulgada en 1978 que é a vixente actualmente: un video de presentación e o texto constitucional en versión ilustrada que ofrecemos abaixo.
-
Descarga este documento no teu equipo e utiliza o seu contido para elaborar un mapa conceptual sobre as funcións e as características das institucións políticas de Galicia como nacionalidade histórica no estado descentralizado das autonomías.
-
Consulta no sitio virtual da Presidencia do Goberno de España a separación de poderes e a organización territorial do Estado derivada da Constitución vixente (aprobada en referendum o 6 de decembro de 1978).
Elabora un mapa conceptual que recolla esa estrutura política e administrativa cos diferentes niveis de gobernanza (estatal, autonómico e municipal) e as competencias dos mesmos.
-
Analiza con atención o contido deste cartafol e elabora un mapa conceptual sobre as características e as funcións das institución da Unión Europea.
-
Descarga esta ficha no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas.
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol.
Despois identifica os usos económicos ou sociais de cada edificio, o fondo de cohesión ao cargo do cal foron construidos e argumenta si é un bo exemplo dos obxectivos e resultados deses programas estruturais comunitarios
-