Section outline
-
-
Descarga esta PD no teu equipo pra coñecer mellor os contidos, materiais e recursos didácticos, metodoloxías e instrumentos e procedementos de cualificación que aplicaremos nesta materia de Xeografía e Historia ao longo do curso actual.
Presta unha atención especial ao apartado da avaliación e aos instrumentos e procedementos de cualificación que xa se detallaron nas primeiras sesións presenciais e están recollidos nas fichas de rexistro da evolución académica individual.
-
Recomendamos a compra individual do Caderno de Xª e Historia de 3º curso da ESO da Editorial Santillana cuxa capa, contracapa e ISBN xuntamos nesta cartafol
-
Neste primeiro bloque estudaremos as características físicas do territorio e a organización política das sociedades humanas que o habitan, cunha atención especial á Unión Europea e a Galicia dentro do Estado español.
-
Neste módulo estudaremos as características físicas e políticas do territorio que habitamos (Galicia), do estado ao que pertence (España) e da Unión Europea que é o espazo xeopolítico do que formamos parte (Europa).
Realizaremos unha proba escrita para comprobar o voso nivel de coñecemento destes temas a finais do mes de outubro de 2026
-
Descarga esta ficha no teu equipo e procura a información para responder correctamente as cuestións propostas
-
Descarga no teu cartafol estes mapas para estudar a orografía e a rede hidrográfica do continente europeo.
-
Descarga no teu equipo estes cartafois para estudar a orografía e a hidrografía da Península Ibérica e a organización política do estado español en Comunidades Autónomas coas respectivas capitais.
-
Descarga no teu equipo estes mapas para estudar a xeografía física (rede hidrográfica, cordais e serras) e política (provincias e cidades) de Galicia
-
Xuntamos neste cartafol varios exemplos de mapas mudos como os que serán usados nas probas sobre estes contidos.
-
-
2. A organización política da convivencia: as vantaxes dos sistemas democráticos para as maiorías sociais (2ª quincena de setembro e 1ª de outubro de 2026)
Neste tema estudaremos os sistemas políticos e os múltiples beneficios das democracias, nomeadamente o Estado de Benestar, para a maioría das persoas e familias que compoñen unha sociedade, tomando como exemplo a Galicia dentro do Estado español e da Unión Europea.
-
Descarga no teu equipo a presentación e o documento que xuntamos neste cartafol. Analiza con atención o seu contido para elaborar un mapa conceptual sobre:
a) a tipoloxía dos sistemas políticos en función das seguintes características: existencia de libertades civís e políticas, a separación de poderes e a libertade de prensa, a xefatura do Estado e a administración centralizada ou descentralizada.
b) A protección da igualdade de oportunidades e dos dereitos das persoas desfavorecidas e vulnerables.
-
Descarga esta ficha no teu equipo e respóstaa como se require nas cuestións propostas
-
Analiza a evolución dos diferentes sistemas políticos nos últimos anos.
Procura o significado do termo "autocracia" e cita exemplos representativos da mesma.
-
Analiza o mapa dispoñible neste artigo dixital e describe a situación política dos estados nos diversos continentes.
Compara a situación de 2019 coa de 2021 que se reflicte nestoutro artigo dixital.
Indica en cales deles predominan as democracias, as ditaduras ou os denominados reximes híbridos.
Argumenta cales son as vantaxes políticas, económicas e sociais dos reximes democráticos para os cidadáns en relación coas autocracias e cita exemplos de cada un destes reximes.
-
Descarga este documento no teu equipo e elabora un mapa conceptual sobre:
a) As características do sistema político democrático e centralizado do Estado Social de Dereito e descentralizado en autonomías de España dende a Constitución de 1978.
b) A distribución de competencias ás administracións autonómicas.
c) As características da integración na Unión Europea e as consecuencias dese proceso para o desenvolvemento económico e a modernización da sociedade española.
-
A Constitución aprobada en referendum o 6 de decembro de 1978 establece os tres símbolos da España democrática co estado descentralizado das autonomías. Por iso as bandeiras de España, de Galicia e da Unión Europea ondean xuntas na entrada ou nun lugar destacado dos edificios públicos da nosa terra o mesmo que nas demais autonomías do estado español.
-
O Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes do Goberno de España ofrece, no seu sitio virtual, contidos referidos á Constitución promulgada en 1978 que é a vixente actualmente: un video de presentación e o texto constitucional en versión ilustrada que ofrecemos abaixo.
-
Descarga este documento no teu equipo e utiliza o seu contido para elaborar un mapa conceptual sobre as funcións e as características das institucións políticas de Galicia como nacionalidade histórica no estado descentralizado das autonomías.
-
Consulta no sitio virtual da Presidencia do Goberno de España a separación de poderes e a organización territorial do Estado derivada da Constitución vixente (aprobada en referendum o 6 de decembro de 1978).
Elabora un mapa conceptual que recolla esa estrutura política e administrativa cos diferentes niveis de gobernanza (estatal, autonómico e municipal) e as competencias dos mesmos.
-
Analiza con atención o contido deste cartafol e elabora un mapa conceptual sobre as características e as funcións das institución da Unión Europea.
-
Descarga esta ficha no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas.
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol.
Despois identifica os usos económicos ou sociais de cada edificio, o fondo de cohesión ao cargo do cal foron construidos e argumenta si é un bo exemplo dos obxectivos e resultados deses programas estruturais comunitarios
-
-
Bloque II (Xeografía Económica): as actividades produtivas das sociedades actuais e as consecuencias da globalización da economía capitalista
Neste bloque estudaremos os sistemas económicos e, sobre todo, as características e consecuencias da progresiva globalización da produción e comercialización de bens económicos dende o século XVI ata o presente dende o ámbito internacional ata os espazos sociais locais que habitamos.
-
-
Descarga no teu equipo os documentos que xuntamos. Analiza de vagar o seu contido para elaborar un mapa conceptual sobre os sectores produtivos e as características das actividades que integran cada un deles.
-
Descarga esta ficha no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas.
-
Analiza con atención o contido dos documentos que xuntamos neste cartafol e elabora un mapa conceptual no que representes correctamente:
a) As características das actividades produtivas que integran o sector primario.
b) A importancia estratéxica desas actividades para a vida das sociedades humanas.
-
Descarga esta ficha no teu equipo e responde correctamente as cuestións propostas.
-
Descarga no teu equipo os documentos que xuntamos neste cartafol e utiliza o seu contido para elaborar un mapa conceptual no que representes correctamente:
a) As características das actividades produtivas que integran o sector secundario.
b) A tipoloxía das materias primas e as fontes de enerxía que utilizan as actividades industriais.
c) As razóns da sua importancia estratéxica para o desenvolvemento e o benestar das sociedades humanas.
-
Analiza as imaxes deste cartafol e elabora un texto expositivo sobre as relacións entre o uso de enerxías, a contaminación, o cambio climático e o empeoramento das condicións ambientais nas sociedades desenvolvidas.
-
Descarga esta ficha no teu equipo, consulta as fontes de información que se indican e resposta correctamente as cuestións propostas.
-
Descarga no teu equipo os docmentos que xuntamos neste cartafol. Despois elabora un mapa conceptual no que presentes:
- As características das actividades que integran o sector servizos.
- A súa evolución nas últimas décadas de globalización.
- As consecuencias económicas, sociais e ambientais desa intensificación das relacións comerciais internacnionais.
-
Pescuda sobre as consecuencias sociais e ambientais da deslocalización global da industria textil partindo dos seguintes casos:
1. A importación de roupa usada en África: Uganda.
2. As condicións de traballo infantil nas fábricas textis na periferia mundial.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resólvea correctamente aplicando os coñecementos acadados neste tema.
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol, analízaas de vagar e despois, resposta as seguintes cuestións utilizando correctamente a información deses documentos.
1ª. Agrupa por sectores económicos as actividades descritas nuha táboa comparativa (España / Galicia) sumando as porcentaxes correspondentes a todas as actividades dun mesmo sector.
2ª. Argumenta cales foron os sectores ou actividades concretas que experimentaron unha maior perda de empregos no período esculcado.
3ª. Que indicadores se utilizan para medir a importancia dunha actividade económica ou dun sector da economía nunha sociedade e cales son as razóns polas que se fai?
4º. Argumenta cal é a fiabilidade da renda per capita e as diferenzas co IDH
-
Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol. Analízaas de vagar e utiliza correctamente a información que fornecen para respostar correctamente ás seguintes cuestións:
1º. Describe a información de cada unha das catro gráficas.
2º. Partindo da primeira gráfica, clasifica a importancia dese comercio bilateral por sectores. Argumenta como é ese saldo comercial para a Unión Europea en conxunto, Alemania e España.
3. Analizando a información da 2ª e da 3ª gráfica explica:
3a. Cales son os estados membros da U.E. máis dependentes das exportacións a Estados Unidos.
3b. Esa dependencia nos casos de Alemania, Francia, Italia e España.
3c. A relación comercial entre a UE e os Estados Unidos nos cinco subsectores representados nas gráficas. Salienta a evolución no período analizado e os resultados en cada caso.
3d. Outros indicadores que deberíamos considerar para valorar o resultado dunha relación comercial.
4. Despois de ler con atención o último documento que se xunta, explica en que consiste o proteccionismo e que consecuencias ten a imposición de aranceis para as familias consumidoras, as empresas e as persoas traballadoras.
-