Section outline
-
Abordaremos as características básicas da herdanza da romanización da Península Ibérica no que atinxe á integración económica, social, política e administrativa de Hispania na civilización romana: organización do territorio en provincias e municipios comunicados mediante unha rede viaria que confluía nos principais portos peninsulares, unha estrutura social cunha crecente mestizaxe (hispanorromanos), un sistema legal e unhas formas de xestión económica do territorio que xa marcaron a evolución posterior (tríade mediterranea, rotacións, latifundios) e, finalmente, un sincretismo cultural que antecede o multiculturalismo das tres relixións na Idade Media peninsular.
-
Os romanos procuraron aliados en Iberia fronte aos Barca cartaxineses durante a segunda guerra púnica
-
A expansión dos romanos, xermanos e hispanocristiáns estivo condicionada pola orografía peninsular pois cordais e ríos dificultaban o avance dos que descoñecían eses territorios e serviron de defensa ás comunidades que habitaban neles.
-
Produciuse durante o sec. II e I no contexto da expansión romana no Mediterráneo.
-
A romanización implicou a aplicación da organización política e administrativa, económica e social de Roma aos pobos dominados que asimilaron, tamén, a cultura romana caracterizada xa polo sincretismo coas outras ribeireñas do Mediterráneo
-
A presenza de xudeos da Diáspora foi anterior á dos cristiáns na Hispania romana. De feito, as fontes históricas desminten as orixes apostólicas desas primeiras comunidades cristiáns e apuntan á expansión dende a provincia Mauritania norteafricana
-
Utiliza a información que xuntamos neste cartafol para elaborar un mapa conceptual sintetizando as consecuencias da romanización para a Península Ibérica nos seguintes ámbitos:
1. Político-administrativo: división provincial, en conventus e municipia coas principais funcións de cada institución.
2. Económicas: difusión dos tres cultivos mediterráneos, explotación mineira, artellamento do territorio mediante unha rede viaria de calzadas para favorecer o comercio exportador.
3. Sociais e culturais: mestizaxe entre lexionarios e nativas, establecemento de comunidades hebraicas, aculturación no Latín e no coñecemento grecorromano, difusión do cristianismo.
-
As características do territorio (orografía, dispoñibilidade de solo agrícola e fertilidadade do mesmo) e do clima (precipitacións sobre todo) condicionaron os asentamentos dos grupos musulmáns acostumados a unha economía agropastoril típica das sociedades mediterráneas. Por iso apenas se estableceron nas rexións atlánticas norteñas nas que xurdiron os primeiros núcleos de resistencia hispanocristiá.
-
Utiliza os contidos deste cartafol para elaborar un mapa conceptual sobre as características da ocupación do territorio peninsular polos pobos xermanos dende o século V ata o VIII. Compara o sistema político e os procesos de integración de suevos e visigodos salientando as consecuencias dos mesmos para a poboación hispanorromana.
-