Section outline
-
-
Podedes revisar o exame maña a 4º hora ou a 6º hora. Tamén a calquera hora que me vexades na sala de profesores, e, por suposto, o próximo luns e martes.
-
-
6.8 MB
-
119.5 KB
-
-
-
415.6 KB
-
Tras ver na aula o audiovisual sobre a primeira Revolución Industrial, responde ao seguinte test.
Só hai unha resposta correcta por pregunta.
Coma todas as actividades, conta dentro da nota de traballo.
-
A Revolución Industrial tivo efectos positivos e negativos a nivel económico, social, demográfico e medioambiental.
Realiza unha redacción onde reflexiones sobre estes efectos nos campos mencionados, facendo unha valoración final agumentada sobre a Revolución Industrial.
Extensión de referencia: unha páxina (400-600 palabras).
Podedes entregala por escrito ou a través da Aula Virtual en formato PDF.
-
-
Neste PDF temos textos para ler e analizar na aula, sobre as transformacións derivadas da Revolución Industrial, en especial a nova sociedade de clases.
1.1 MB -
Para facer a actividade da vida dos obreiros no XIX
649.0 KB -
Redacción sobre a muller no século XIX: situación social e legal, traballo e o movemento feminista.
Esta tarefa, que debedes entregar por escrito, consite en realizar unha redacción argumentada, razoada e persoal, sobre o tema da muller no século XIX. Extensión aproximada 400-600 palabras.
Para facilitar a realización da tarefa vos indico unha serie de apartados que podedes tratar (non tedes que tratar todos, e podedes escribir sobre máis cuestións).
No libro temos información nos apartados 2 (pp.56-57), 5 (pp. 62-63) e 9 (pp. 70-71).
Posibles puntos a tratar.
- Situación legal da muller no XIX.
- Situación laboral.
- Condicións de vida.
- Roles sociais.
- Diferenzas de clase.
- Nacemento do movemento feminista.
- Movemento sufraxista.
- Comparativa entre os roles da muller no XIX e no XXI
- Comparativa da situación legal XIX co XXI
- Comparativa de reivindicacións do movemento feminista XIX co século XXI
-
-
-
1.8 MB
-
Na clase de hoxe debedes de terminar de ler as páxinas 120-121, e realizar unha redacción onde recollades os efectos da colonización nos territorios colonizados.
Debedes indicar, comentar e comparar tantos efectos negativos coma os positivos, e rematar a redacción cunha valoración crítica do proceso colonizador.
Extensión recomendada: unha carilla (300-500 palabras). Formato: en papel, escrita a man.
Recollerei a redacción o venres, pero tedes esta hora para traballar.
-
-
-
5.1 MB
-
Despois de ver a película "Rebelión en la granja", debedes de realizar o seguinte test.
Cada pregunta ten unha soa resposta.
Para rematar de ver a película tedes este enlace:
(na clase quedamos no minuto 48, xa tedes o enlace nese minuto)
-
-
-
-
Realizar unha noticia periodística sobre un suceso ou proceso da Guerra Fría. Podedes escoller entre redactar unha noticia (a modo de artigo de xornal), ou gravar un audio ( a modo dunha reportaxe de radio).
Tedes as indicacións no pdf (e o papel que vos dei na aula)
Entregade en formato PDF ou MP3
-


