Section outline

    • Definicións clave do nazismo

      • Racismo (raza aria). Ideoloxía que separa a humanidade en razas, sendo estás organizadas xerárquicamente, e asignando cualidades arbitrarias a estas. Os nazis consideraban que o pobo alemán era unha raza, a chamada raza aria, que sería a raza superior, destinada a gobernar ás inferiores.

      • AntisemitismoOdio aos xudeus, considerados polos nazis coma unha raza, e non coma unha relixión. Atribuían a esta raza xudea todo o mal que sufrira Alemaña, polo que foron perseguidos cando os nazis acadaron o poder. A expresión máxima desta persecución foi o Holocausto, o exterminio do pobo xudeu (xenocidio).

      • Espazo vital (lebensraum). Teoría segundo a cal os nazis defendían o expansionismo territorial de Alemaña. Esta debería controlar todos os terriotrios con poboación alemá, asi coma expandirse cara o Leste, formando un gran imperio (Reich).