Section outline

    • Holocausto

      Tamén chamado Shoah (polos xudeus): foi o proceso de exterminio premeditado, planificado e sistemático das comunidades xudías en Europa. Será considerado un xenocidio, iniciado trala chegada ao poder dos nazis en 1933, que provocará preto de seis millóns de vítimas mortais. A chamada "solución final" polos nazis consistía no asasinato nas cámaras de gas e na incineración dos cadáveres en fornos.