A Revolución Industrial: un caso
Requisitos do completado
Pendente: venres, 22 de novembro de 2024, 2:15 PM
Nesta actividade, para a cal dispoñeredes de tres sesións na aula de informática, debedes facer unha presentación (Power Point ou similar) sobre un dos seguintes temas da Revolución Industrial. O traballo será por parellas.
A presentación debe ter unha portada (título e autores), de seis a doce diapositivas de desenvolvemento, e unha diapositiva final coas fontes de información. De de haber texto e imaxes.
Temas:
- O ferrocarril , descrición do ferrocaril, podedes algunha análise dalgúns textos da páxina 36-37, extensión en Europa no XIX, algún caso concreto (Transiberiano, Orient Express...). No libro páxinas 35-37.
- Barco de vapor: descrición do barco de vapor, exemplos e evolución (podedes poñer tamén o caso dos barcos militares), os transatlánticos e a emigración (como eran, rutas, a cantidade de poboación migrante), o caso do Titánic.
- O autómbil: invención, Benz, o caso de Ford (explicar o seu sistema e modelos os exitosos). Podedes incluir máis elementos: o autómobil español, outras marcas, as estradas, carreiras...
- O petróleo: inicio de uso (p. 112), xacementos (caso EEUU), mecanismos de extracción, e o caso da Standar Oil e Rockefeller.
- A electricidade: os casos de Edisón e Tesla, inventos e a "guerra das correntes".
- A comunicación a distancia: (podedes escoller facer todos ou dous ou un, pero incrementando a explicación se deixades algún) o telégrafo, a radio e o teléfono (inventores, mecanismos).
- A siderometalurxia: mecanismos de produción e a minería do carbón e o ferro (ver páxina 39). O caso de Carnegie.
- A imaxe: a invención da fotografía e a do cine (evolución, inventores, apliacacións).
- Armas: a invención do rifle e do revolver (o caso do rifle winchester), a ametralladora (dende a gatling ao modelo automático), a dinamita (Nobel), os casos da industria na marina de guerra (acorazados, submariños)
- As finanzas e a banca: a aparición da bolsa e das sociedades por accións (descrición e casos), o caso da Compañía das Indias Orientais, a aparición do papel moeda en Europa (e exemplos), os cheques, a banca e o caso de JP Morgan.
- O avión: antecedentes (o globo), inventores e primeiro voo, o zepelin, primeiros fitos (cruce do Atlántico, volta ao mundo, o caso de Amelia Earhart)