A muller no século XIX
Requisitos do completado
Pendente: venres, 13 de decembro de 2024, 2:15 PM
Redacción sobre a muller no século XIX: situación social e legal, traballo e o movemento feminista.
Esta tarefa, que debedes entregar por escrito, consite en realizar unha redacción argumentada, razoada e persoal, sobre o tema da muller no século XIX. Extensión aproximada 400-600 palabras.
Para facilitar a realización da tarefa vos indico unha serie de apartados que podedes tratar (non tedes que tratar todos, e podedes escribir sobre máis cuestións).
No libro temos información nos apartados 2 (pp.56-57), 5 (pp. 62-63) e 9 (pp. 70-71).
Posibles puntos a tratar.
- Situación legal da muller no XIX.
- Situación laboral.
- Condicións de vida.
- Roles sociais.
- Diferenzas de clase.
- Nacemento do movemento feminista.
- Movemento sufraxista.
- Comparativa entre os roles da muller no XIX e no XXI
- Comparativa da situación legal XIX co XXI
- Comparativa de reivindicacións do movemento feminista XIX co século XXI