Saltar navegación

TAREFA: Crea unha campaña publicitaria

Tarefa: campaña publicitaria "Adolescencia e benestar dixital".

Duración:
100
Agrupamento:
Individual

Con todo o que aprendiches ó longo do tema, crea un spot publicitario de vídeo (entre 25' e 1 minuto). Podes usar o software de Canva para presentacións, que che permite descargar o resultado en .mp4, ou explorar outros servizos online. Emprega imaxes propias. Se concibes o vídeo para TikTok, emprega unha plantilla vertical, e adapta a ela os vídeos/imaxes que engadas. Se é para Youtube, faino en horizontal. 

Escolle entre estes dous temas:

  • OPCIÓN A: PROHIBICIÓN DO USO DE REDES SOCIAIS A MENORES DE 16 ANOS. Indaga en internet a recente proposta de lei e baséate, para argumentar, neste artigo de Pantallas amigas sobre "Infancia, adolescencia e benestar dixital"

  • OPCIÓN B: ADOLESCENCIA E RAGE BAITING. Explora na túa contorna o tipo de bulos que provocan reaccións de odio. Exemplo: accidente Ardamuz ou regularización inmigrantes.

O vídeo debe ser interesante para xente da túa edade, sen orixinal, creativo e divertido!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)