Para ampliar información, visita a web Bulos y noticias falsas (fake news)(Abre en nueva ventana), do INCIBE (Instituto Nacional de CIBErseguridad).
Actividad práctica del Incibe - Detecta noticias falsas (Abre en nueva ventana)
Tamén podes apoiarte en webs de verificación, portais que se encargan de contrastar a información:
Nunha era na que as noticias se crean e difunden con tanta inmediatez e sen necesidade de rigor, son imprescindibles axencias que verifiquen a certeza das informacións. Niso consiste o FACT-CHECKING, e en España hai unha verificadora de cabeceira: Maldita.es
En novembro de 2024 Trump gañou as eleccións americanas grazas a unha campaña de desinformación promovida pola rede social X (antes Twitter), rede que mercara o magnate Elon Musk co fin de influír na política de todo o planeta. Para logralo, Musk creou a súa propia "verificadora" que, como imaxinarás, non verifica senón que desinforma.
Trump convertiu a Musk nun dos ministros do seu goberno. Elon Musk comezou entón unha viraxe da política á distopía, tratando de empregar as ferramentas e medios das grandes tecnolóxicas de Silicon Valley (Google, Meta, Apple, etc) para controlar o mundo. As grandes empresas comezaron a unirse á campaña de desinformación.

En xaneiro de 2025, a verificadora Maldita.es enviou este email ós seus suscriptores:
Non sabemos se porque cre nel ou porque lle ten medo a Trump (o di o futuro presidente, non nós), pero a realidade é que Mark Zuckerberg, o responsable de Meta (Facebook, Instagram, WhatsApp...) decidiu deixar de utilizar verificacións profesionais nas súas plataformas.
Zuckerberg fala de censura e o primeiro e máis importante que queremos dicirvos é que Maldita.es NUNCA NUNCA censurou nada nunha plataforma dixital. Nin podemos nin queremos, nin ese é o noso traballo.
É importante enfrontarse a estas mentiras sobre o noso traballo porque en Maldita sempre apostamos por combater a desinformación con máis información, non con menos. Levamos anos dicindo ás plataformas dixitais, incluída Meta, que eliminar contido desinformativo non axuda, senón que crea máis desconfianza cando a xente fai clic nunha ligazón e atopa contido eliminado sen explicación.
Esta “decisión” ou imposición chega nun momento no que o mundo está a cambiar e os desinformes teñen máis poder que nunca. O novo presidente estadounidense e o seu conselleiro Elon Musk celebraron publicamente a decisión de Meta e Trump dixo que "probablemente" é unha resposta da compañía ás súas ameazas, pero tampouco queremos facernos de vítimas de todo isto: son os usuarios da plataforma aqueles que sufrirán principalmente as consecuencias, comezando polos estadounidenses: máis estafas, máis manipulación, máis odio, máis mentiras. Malas noticias para a democracia.
Maldita segue e seguirá na loita. Se a mentira gaña non será porque nos rendemos. En 2024 fixemos máis cousas que nunca: desmentimos 1.390 bulos e desinformacións e contestamos a 37.201 consultas feitas pola nosa comunidade (é dicir, por persoas como ti). Tamén fixemos grandes investigacións; lanzamos novos proxectos editoriais como Factous ou A Dudoteca; formamos mediante cursos talleres e charlas á 5.673 nenos e adultos; implantamos a nosa tecnoloxía en 10 países e usamos a intelixencia artificial contra a desinformación; empuxamos aos xigantes tecnolóxicos a ser máis responsables e denunciamos cando non o facían; colaboramos con organizacións de todo o mundo e participamos en
proxectos de investigación académica.
Déixanos moito buraco?
O peor do probable final da colaboración con Meta é, de longo, que hai xente á que chegabamos a través dela e á que agora non imos chegar. Para que te fagas unha idea, só na UE aplicáronse 68 millóns de etiquetas de fact-checking e un 95% da xente que os viu elixiu non facer click na desinformación. Con todo isto quen perde non é Maldita, senón os usuarios de Facebook e Instagram que non teñen ningunha culpa e que van convivir con máis enganos, timos e manipulación sen a axuda que antes lles prestabamos.
Tampouco che imos a mentir, no económico tamén nos vai a deixar un buraco. Canto? As nosas contas son públicas, están auditadas e podes consultalas aquí. Atoparemos outras maneiras de financiarnos para seguir dando a batalla, aínda que moitos dos financiadores tradicionais do noso traballo están baixo a presión dun movemento internacional ben coordinado que vai contra calquera que loite contra a desinformación, desde científicos e investigadores a verificadores como Maldita. Como o faremos? Non é unha pregunta sinxela.