5. Virus e fraudes
Máis polo miúdo: Phising e ransomware
Utilizando técnicas baseadas no phishing, os ciberdelincuentes perseguen que a vítima lle proporcionen as súas credenciais, execute algún programa malicioso ou, en xeral, realice calquera acción que poña en perigo a seguridade da nosa información. Un dos peores resultados despois de ser vítimas dun phishing é o desencadeamento dun incidente de ransomware
Un ransomware é o “secuestro” da nosa información. Un atacante imposibilita que teñamos acceso a nosa información, e para recuperala pídenos unha recompensa. As variantes actuais de ransomware, non soamente cifran os datos para impedir que accedamos a eles, se non que ademais os rouban provocando unha exfiltración da nosa información.
A continuación indicamos unha serie de recomendacións para reducir os riscos do phishing:
- As mellores defensas son a calma e a sensatez. Desconfía se che meten présa, se te adulan ou ameazan. Desconfía de todo aquilo que salla do habitual!
- Presta atención e comprobe a dirección do remitente.
- Se tés a máis mínima dúbida da veracidade da mensaxe ou da súa procedencia, contacta por outro medio co remitente.
- Recorda que os servizos reais non che van a solicitar nunca as túas credenciais ou outros datos sensibles por correo electrónico, SMS, mensaxería instantánea, etc.
- Desconfía das ligazóns recibidas, é importante verificar que se trata dunha páxina lexítima. Desconfíe especialmente das URL acurtadas, dado que se descoñece o destino real da ligazón.
- Por norma xeral, non se deben abrir documentos achegados nas mensaxes nas que se desconfía do remitente ou que resultan sospeitosas.
Por outro lado, para reducir os riscos derivados do ransomware, ademais da concienciación e a precaución, a mellor defensa é dispoñer de copias de seguridade actualizadas dos arquivos. En contornas de traballo debe traballar nos cartafoles da rede corporativa, dos cales se realizan copias de seguridade periódicas.
Comercio e emprego
Compras en liña de Ana Moreiras
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0