Sistema operativo e maqueta Abalar
O sistema operativo posúe tres compoñentes esenciais ou paquetes de software que permiten a interacción co hardware:
- Sistema de arquivos: É o rexistro de arquivos onde adquiren unha estrutura de árbores e cartafoles.
- Interprete de comandos: Ten como función comunicar as ordes dadas polo usuario nunha linguaxe que o computador poida interpretar.
- Núcleo: Permite o funcionamento en cuestións básicas como a comunicación, entrada e saída de datos e a memoria, entre outros.
Os sistemas operativos poden usarse con interfaces gráficas que facilitan ao usuario facer os procesos do sistema (arrastrar, mover, copiar, ...), tamén poden ser unha liña de comandos que funciona en base a ordes introducidas polo usuario.
A Maqueta Abalar (sistema operativo + aplicacións xa instaladas) é un sistema operativo Linux Debian que ten os mesmos programas en cualquera dos equipos do centro (o teu portátil, a ordenadores da aula de informática, os computadores da biblioteca etc.)


