Saltar la navegación

Entregar tarefas no EVA edixgal

EVA

Todos sabemos entrar na aula virtual de edixgal e facer entrega de tarefas, pero non está de menos lembralo sobre todo para os máis pequenos por se nalgún momento teñen unha dúbida.

Se imos a www.iesabasella.org no navegador imos atoparnos coa páxina web do instituto, pulsando na icona EVA Edixgal dirixiranos á entrada de edixgal, unha vez autenticámonos co noso usuario e contrasinal poderemos acceder aos cursos nos que estamos matriculados.

Para entregar unha tarefa, só necesitamos seguir os pasos do seguinte vídeo.

Para telo claro: Entrega de tarefas en Moodle

O formato dos arquivos adxuntos será como segue:

  • O formato do arquivo indicarao a persoa docente (odt, docx, pdf...). No caso de textos enviados pola Aula Virtual, deberán compartirse sempre en formato PDF salvo que o docente indique o contrario.
  • O nome do arquivo deberá recoller sempre estas indicacións:

Curso-nivel-grupo-asunto-nome.extension.

Exemplo:

1ESOC-traballo_artes-CarmeloCoton.pdf

  • Os enlaces utilizados no arquivo adxunto inseriranse como “hiperligazóns” (As explicacións ao respecto deberán darse en 1ºESO).

Para telo claro: Entrega de tarefas por correo electrónico

As tarefas que se envíen por correo electrónico deberán respectar ademais estas indicacións:

  • Enviaranse sempre en arquivos adxuntos, nunca na caixa do correo.
  • Deberán levar no ASUNTO o nome da tarefa.
  • A caixa do correo deberá conter un texto con saúdo, indicación da tarefa que se envía e despedida.

Lembra que ademais de enviar o correo como se pide, debes ter algunhas normas de netiqueta específicas para escribir correos electrónicos que podes consultar na sección CD3. Comunicar, colaborar e compartir.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)