Saltar la navegación

Libreoffice

Suite ofimática


LibreOffice é a suite de oficina que vén coa nosa maqueta Abalar; incorpora varias aplicacións que o converten na máis potente suite de oficina Libre e de Código Aberto do mercado: Writer, o procesador de textos, Calc, a folla de cálculos, Impress, o editor de presentacións, Draw, a nosa aplicación de debuxo e diagramas de fluxo, Base, a nosa base de datos e interface con outras bases de datos, e Math para a edición de fórmulas matemática.

En primeiro curso traballaremos e afondaremos en Writer para facer documentos e Impress para facer presentacións, e nos seguintes incorporaremos Calc e Graph.

Imos ir explicando as opcións en función do que vaiamos necesitando.

Se es autodidacta e queres explorar e saber como se usan estes programas, te presentamos catro cursos da Fundación Esplai:

Normas de edición dixital de textos

Icona de documento
Pixabay. Documento (CC0)

O pasos básicos a seguir para presentar un traballo son:

  • Darlle formato á portada.
  • Título do traballo: Aplicar o formato de “Título do documento”, tamaño 18.
  • Apartados de primeiro nivel: Aplicar o formato de “Título 1”, tamaño 16.
  • Apartados de segundo nivel: Aplicar o formato de “Título 2”, tamaño 14.
  • Inserir índice.
  • Inserir fontes de documentación (seguindo as pautas recollidas no apartado Procura de información).
  • Gardar o documento con curso_ApelidosNome. Ex:1esoC_Carmelocoton
  • Exportar a PDF para a súa entrega ou respectar o formato solicitado pola persoa docente.
  • Para os envíos por correo-e, no asunto indicarase o nome da tarefa.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)