Saltar la navegación

Autoavaliación

Este cuestionario está deseñado para unha persoa que está no último curso de ESO, nel presentámosche unha serie de criterios para que poidas autoevaluarte e sexas consciente do que sabes facer con dispositivos, programas ou webs. É orientativo. Se queres saber máis sobre as competicias dixitais consulta a seguinte web.


ComDix

Autoavaliación

As miñas competencias dixitais
 InicialPrincipianteMedioAvanzado
CD1. Son capaz de usar moitas estratexias cando busco información e navego por Internet. Sei filtrar e xestionar a información que recibo. Sei a quen seguir nos sitios destinados a compartir información na rede. (1) (2) (3) (4)
CD1. Son crítico/a con a información que atopo e sei contrastar a súa validez e credibilidade. (1) (2) (3) (4)
CD1. Sei gardar e etiquetar arquivos, contidos e información e teño a miña propia estratexia de almacenamento. Sei recuperar e xestionar a información e os contidos que gardei (1) (2) (3) (4)
CD1 Sei que a tecnoloxía se pode utilizar para interactuar con distintos servizos e fago uso dalgúns, por exemplo, comunidades en liña, goberno, concello, hospitais e centros médicos, bancos. (1) (2) (3) (4)
CD2. Son capaz de producir contidos dixitais en formatos, plataformas e contornas diferentes. Son capaz de utilizar diversas ferramentas dixitais para crear produtos multimedia orixinais. (1) (2) (3) (4)
CD2. Son capaz de resolver problemas sinxelos que xorden cando as tecnoloxías non funcionan. (1) (2) (3) (4)
CD2. Son capaz de resolver tarefas explorando as posibilidades tecnolóxicas. Son capaz de elixir a ferramenta adecuada segundo a finalidade e son capaz de avaliar a efectividade da mesma. (1) (2) (3) (4)
CD3. Utilizo unha ampla gama de ferramentas para a comunicación en liña (e-mails, chats, SMS, mensaxería instantánea, blogs, microblogs, foros, wikis). Sei seleccionar as modalidades e formas de comunicación dixital que mellor se axusten ao propósito. (1) (2) (3) (4)
CD3. Sei como participar en redes sociais e comunidades en liña, nas que transmito ou comparto coñecementos, contidos e información. (1) (2) (3) (4)
CD3. Son capaz de utilizar con frecuencia e con confianza varias ferramentas dixitais e diferentes medios co fin de colaborar con outros na produción e posta ao dispor de recursos, coñecementos e contidos. (1) (2) (3) (4)
CD3. Son capaz de combinar elementos de contido xa existente para crear contido novo (1) (2) (3) (4)
CD3. Teño un coñecemento básico das diferenzas sobre copyrigt, copyleft e cretive commons e son capaz de aplicar algunhas licenzas ao contido que xero (1) (2) (3) (4)
CD3 Son capaz de utilizar as tecnoloxías para crear produtos creativos e de utilizar as tecnoloxías para resolver problemas, por exemplo, visualizar un problema. (1) (2) (3) (4)
CD3. Son capaz de aprender a facer algo novo con dispositivos, con programas ou con plataformas web sen especial dificultade. (1) (2) (3) (4)
CD4. Son capaz de crear a miña identidade dixital e de rastrexar a miña pegada dixital (1) (2) (3) (4)
CD4. Sei como protexer os meus dispositivos dixitais e actualizo as miñas estratexias de seguridade. (1) (2) (3) (4)
CD4. Sei como protexerme a min mesmo e a outros do ciberacoso e entendo os riscos de saúde asociados co uso das tecnoloxías (1) (2) (3) (4)
CD4. Sei como protexer a miña propia privacidade en liña e a dos demais. Entendo de forma xeral as cuestións relacionadas coa privacidade e teño un coñecemento básico sobre como se recollen e utilizan os meus datos. (1) (2) (3) (4)
CD5. Son capaz de realizar algunhas modificacións a programas e aplicacións, configuración avanzada, modificacións básicas de programación. (1) (2) (3) (4)
  • Actividad
  • Nombre
  • Fecha
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Ventana nueva

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)