O silencio é a ausencia total de son ou de ruido. Pero en realidade o silencio absoluto non existe. Aínda que puidéramos illarnos completamente dos sons exteriores, seguiríamos escoitando os sons internos do noso propio corpo.
O son e as súas calidades
Que é?
Intenta permanecer en silencio durante un minuto. Anota todos os ruidos ou sons que podas escoitar.
- Conseguiches descubrir algún sonido diferente? Sorprendeuche algo do que escoitaches?
O silencio é un elemento moi importante en música. Partimos do silencio para escoitar, utilizámolo para tomar alento, como recurso expresivo ou para estructurar o discurso musical.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0