Saltar navegación

Como se produce?

O son prodúcese cando vibra un corpo e ese movemento transmítese en forma de onda sonora ata chegar ao noso oído.

A vibración dunha corda tensa, dunha goma, das nosas cordas vocais, do parche dun tambor, do aire a través dun tubo, de calquera obxecto que se golpee, é o que produce o son.

Partículas que se moven transmitindo ondas
This work by Dan Russell is licensed under a CC BY-NC-ND 4.0 International License. Based on a work at http://www.acs.psu.edu/drussell/demos.html