A gran velocidade. Polo aire a 340 metros por segundo.
As ondas exténdense igual que cando lanzamos unha pedra ao auga. Cando as ondas sonoras atopan un obstáculo rebotan e regresan en sentido contrario. Se nunha habitación damos unha palmada, o son rebota contra as paredes, o chan e o teito, varias veces ata que se extingue. A este efecto chámaselle reverberación.
O eco é un tipo de reverberación na que se produce a repetición do son porque o tempo entre que se emite o son e se recibe é moi amplo, polo que se perciben dous sons distintos.
Normalmente, o son propágase polo aire, pero tamén pode transmitirse a través doutros medios como auga( 1.435 m/s)ou corpos sólidos como madeira(3.900 m/s) ou ferro(5.000 m/s).