Cando as ondas sonoras chocan co tímpano (unha membrana fina que hai entre o oído interno e o medio), éste vibra. Esta vibración convírtese en presión de aire que se envía por impulsos nerviosos ao cerebro, que interpreta a información.
O oído humano non pode captar todos os sons. Non podemos oír todas as alturas de son nin todas as intensidades.
Respecto á altura, sólo percibimos as frecuencias comprendidas entre 20 e 20.000 Hz, é dicir entre 20 e 20.000 vibracións por segundo. Estes límites son, por debaixo infrasons e por enriba ultrasons.
En canto á intensidade, tampouco podemos percibir sons que sexan moi suaves, o umbral de escoita está en 10 decibelios, e os sons moi fortes producennos dor.O umbral de dor está en torno aos 120-140 dB.