O son é a materia prima da música. O estudo das súas calidades e a súa forma de organización constitúen a linguaxe musical.
Da mesma maneira que aludimos ás calidades dunha persoa para identificala como rubia ou morena, alta ou baixa, delgada ou grosa ou pola cor da camiseta que leva posta, debemos aprender a distinguir as calidades do son para recoñecelo.
As calidades son como pegadas dixitais: altura, duración, intensidade e timbre.
Altura
É a cualidade que nos permite distinguir se un son é máis agudo ou máis grave . Mídese en Hz (herzios), que marcan o número de vibracións por segundo. Máis vibracións, máis agudo, menos vibracións, máis grave.

Duración
É a cualidade que nos permite distinguir se un son é máis longo ou máis curto. Se a onda está vibrando máis tempo, o son será máis longo e si está vibrando menos tempo, máis curto.

Intensidade
É a cualidade que nos permite distinguir se un son é máis forte ou máis suave. Mídese en dB (decibelios) e depende de se a onda é máis amplia ou menos amplia. Canto máis amplia máis forte, canto menos amplia máis suave.

Timbre
É a cualidade que nos permite distinguir un instrumento ou voz das demáis. Depende da mestura do son fundamental cos seus armónicos. Os sons armónicos son os que acompañan ao fundamental (o de maior amplitude) e fan que cada instrumento teña o seu timbre particular, xa que cada voz e cada instrumento ten os seus propios armónicos.