Saltar navegación

O Grupo Nós

Vicente Risco foi unha das cabezas visibles do Grupo ou Xeración Nós, que foi, esencialmente, un grupo de intelectuais galeguistas que lle imprimiron o pulo definitivo á cultura galega no eido da prosa e do ensaio. Ademais, tamén desenvolveron un papel fundamental no establecemento dun diálogo entre a cultura galega e as culturas ibéricas e europeas.

Vicente Risco con Otero Pedrayo e outras persoas
Fundación Penzol. Vicente Risco con Otero Pedrayo e outras persoas (Dominio público)

Outros persoeiros vinculados ao Grupo Nós son Castelao, Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas ou Antón Losada Diéguez, autores todos eles fundamentais para entendermos a historia recente de Galicia.