As partes do relato
Sinala xustificadamente as partes en que cres que se divide o relato. Debes escribir tantas palabras como ocos e escribir só unha palabra por oco, sen espazos.
Sinala xustificadamente as partes en que cres que se divide o relato. Debes escribir tantas palabras como ocos e escribir só unha palabra por oco, sen espazos.
Contesta a pregunta e xustifica a túa resposta.
Verdadeiro
Despois de facer o exercicio anterior, este é moi doado. A estrutura circular nun relato, novela, historia... é a que no seu remate nos devolve ao comezo. Neste caso, a historia ábrese con Pai Soares e péchase novamente con el; os dous personaxes, Pai Soares e a velliña, sufriron unha evolución.
En pequenos grupos, redactade unha interpretación do seguinte esquema. Tentade comentar todas as frechas e liñas que aparecen. Fixádevos nas cores e na distribución dos elementos. Expresade, por último, se estades de acordo ou en desacordo co esquema. Que elementos incorporariades? ou, por contra, cales tirariades?
Risco ademais de contrapoñer o pasado glorioso de Galicia co presente, establece outras dicotomías, como a da vila fronte á aldea. A velliña comeza a súa particular peregrinaxe collendo “pra a vila”. Despois de falar co americano “fuxiu da vila”. Por último, “principiou a andar por unha corredoiro enlamada”; a aldea non se menciona, só se sinala por contraposición á vila.
A velliña vai pedindo axuda comezando polo avogado, logo ao escritor, a continuación ao americano e, por último, ao labrego. Inicia o seu camiño buscando a axuda das leis e logo todas as demais peticións vai orientadas a modificar os elementos necesarios para que a lei se mude.
Pai Soares e a velliña están asociados á aldea, o lugar onde a auténtica tradición se mantén, mais poderían pertencer a outro espazo simbólico menos aprenxible, máxico.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0