Saltar navegación

Nós, a revista

Deseño de Castelao para a revista Nós
Revista Nós, Fernando Pazos García. Deseño de Castelao para a revista Nós (CC BY-NC-SA)

A fundación da revista Nós no ano 1920 supón un fito neste sentido, xa que ininterrompidamente ao longo de dezaseis anos foron aparecendo textos ensaísticos e literarios en galego, cousa que non se lograra até ese momento. A través das súas páxinas puidemos ter noticia, en galego, de autores coma Yeats, Shopenhauer, Rabindranath Tagore ou Teixeira de Pascoais.

A traxectoria da revista truncouse de maneira abrupta co alzamento militar de 1936: só ese fatídico evento foi quen de silenciar as palabras que durante dezaseis anos estiveran alumeando a vida cultural de Galicia.

Na seguinte imaxe tes un enlace que te leva á Biblioteca Galiciana onde se recollen a totalidade dos número publicados en Nós con moita máis información moi moi interesante.

Logo Nós
Logo Nós (CC BY-NC-SA)