Ir ao contido principal
AV espazoAbalar
  • Galego ‎(gl)‎
    Deutsch ‎(de)‎ English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

A pesar de todo, quérote

  1. Inicio
  2. Cursos
  3. Innovación educativa
  4. A pesar de todo, quérote
  5. Topic 4
  6. Actividade 4.3. Choque de forzas

Actividade 4.3. Choque de forzas

Requisitos do completado
Abertas: xoves, 14 de novembro de 2013, 6:00 PM
Pendente: xoves, 21 de novembro de 2013, 6:00 PM


Cabeceira limpa

ACTIVIDADE 4.3. Choque de forzas

Cando se produce un impacto ocorre un choque de forzas que actúan sobre o corpo humano poñendo en risco o seu funcionamento normal. A causa disto o organismo pode non ser quen de manter axeitadamente as súas funcións vitais e entrar nun proceso irreversible se non se atende con rapidez.

Para coñecer ben o que lle sucede ao noso corpo cando sofre un impacto, imos comezar por analizar a relación que existe entre a masa (# peso), a forza e a velocidade e as lesións físicas nun corpo humano tras o impacto dun accidente de tráfico. Analiza as leis de Newton para comprobar os efectos dunha colisión entre dous elementos (vehículo de motor, peón, ciclista). Fai un bosquexo dun choque frontal e debuxa as forzas que interveñen para logo expoñelo diante dos compañeiros. Analiza o resultado desa colisión sen esquecer identificar os prexuízos causados sobre os elementos que teñen menos masa.

Intenta aclarar estes puntos para poder abordalos se xorden na rolda de preguntas:

  • en que parte do corpo recibimos a maior parte dos golpes?
  • por que a fractura de cúbito é tan frecuente nunha colisión frontal?
  • por que está o airbag máis importante do coche no volante do condutor?
  • que tipo de lesións se producen nunha colisión lateral e nunha colisión por alcance?
  • onde están colocados os airbags nun vehículo moderno?
  • por que hai que cambiar o cinto de seguridade tras un impacto?
  • por que se producen abrasións por causa do uso dos elementos de seguridade pasiva (cinto e airbag)?
  • como actúan a velocidade, a forza e a presión na contundencia dunha colisión?
  • en que contribúe a freada ABS á redución dos impactos?
  • non se pode facer que o volante sexa máis brandiño para reducir o efecto dun impacto?
  • en que tipo de innovacións se centra a empresa automobilística para mellorar a seguridade?
  • fóra da industria do automóbil, que tipo de medidas se están a desenvolver para mellorar a seguridade?
◄ Actividade 4.2. Canto valemos?
Actividade 4.4. Drogas, saúde e condución ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Inicio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Innovación educativa

        • A pesar de todo, quérote

          • Xeral

          • Topic 1

          • Topic 2

          • Topic 3

          • Topic 4

            • TarefaActividade 4.1: Saúde e tráfico

            • TarefaActividade 4.2. Canto valemos?

            • TarefaActividade 4.3. Choque de forzas

            • TarefaActividade 4.4. Drogas, saúde e condución

            • TarefaActividade 4.5. O suicidio como caída

            • TarefaActividade 4.6. Nova sobre o suicidio

            • TarefaActividade 4.7. O suicidio no cine

          • Topic 5

          • Topic 6

          • Topic 7

          • Topic 8

      • Miscellaneous

      • Cursos creados polo profesorado

      • Aulas virtuais achegadas polo profesorado

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
A pesar de todo, quérote
  • Galego ‎(gl)‎
    • Deutsch ‎(de)‎
    • English ‎(en)‎
    • Español - Internacional ‎(es)‎
    • Français ‎(fr)‎
    • Galego ‎(gl)‎
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil